Rianxo recibiu unha axuda de 547.364 euros para levar a cabo a renovación completa da iluminación do concello

02 Xullo 2026

O Concello de Rianxo vén de licitar o que sería un dos proxectos máis relevantes da presente lexislatura, “tanto polo investimento que supón como polas súas consecuencias”, segundo explicou o alcalde Julián Bustelo, lembrando que hai uns meses Rianxo resultou ser un dos 68 municipios de toda España adxudicatarios dunha subvención no marco da 2ª convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de alumeado exterior municipal do IDAE dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A axuda da que resultou beneficiario Rianxo, e que ascende a 547.364,30 euros, permitirá levar a cabo o proxecto de renovación completa do sistema de iluminación da vila de Rianxo. Intervirase en diferentes rúas renovando os sistemas de control e seguimento cunha clara aposta pola dixitalización e renovaranse en torno a 500 luminarias, mudándoas por unhas máis eficientes dotadas de tecnoloxía LED.

“Ademais dunha importante mellora na iluminación da vila, agárdase que coa execución deste importante proxecto se acade un aforro aproximado de 50.000 euros ao ano para as arcas municipais”, engadiu o alcalde.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.