A Xunta de Galicia outorgou unha concesión para ocupar 411 m² do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) no concello da Pobra do Caramiñal co fin de instalar un emisario submarino asociado á fábrica de Conservas Ría de Arosa SL. A Pobra coa Illa de Arousa ao fondo...
Boiro saca a licitación as obras para a mellora dun camiño rural en Cures mediante fondos AGADER
O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora dun camiño rural de Pomar do Rio a Enseño, na parroquia de Cures. O importe base da licitación é de 102.944’84 euros e a actuación conta co co-financiamento das Axencia Galega de Desenvolvemento Rural...
A Policía Autonómica precinta o Camping Ría de Arousa (Cabío)
A Policía Autonómica de Galicia precintou as instalacións do Cámping Ría de Arousa I, emprazado a carón da praia de Cabío (A Pobra). Segundo informaron diversos medios, trátase dun peche orixinado "polo incumprimento de requirimentos administrativos" a través dos...
Muros aproba tres novas obras de servizos básicos para a veciñanza no POS+2026 da Deputación
O Concello de Muros aprobou este mércores 16 de setembro tres novas obras, dentro do Plan Complementario ao POS+2026 da Deputación da Coruña. O investimento nas tres actuacións supera os 570.000 euros: Trátase en primeiro lugar do proxecto de reparación dos...
O Porto do Son mellorará a rede viaria e de saneamento a través dos máis de 700.000 euros do POS Adicional
O Concello do Porto do Son aprobou este martes 15 de setembro en sesión plenaria extraordinaria o POS+adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, destinado a mellorar a rede viaria e de saneamento municipal. O acordo contou con luz verde cos votos a favor Partido...
Noia mobilizará preto de 575.000 euros en oito novos investimentos a través do POS+
O Concello de Noia levará ao próximo pleno unha nova batería de actuacións con cargo á segunda fase do POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, que permitirá mobilizar 574.921,64 euros para executar oito novos investimentos en diferentes puntos do municipio....
O recoñecido mago e pianista Nacho Samena ofrecerá un espectáculo de música e maxia no Auditorio de Ribeira no 4 de outubro
Ribeira será unha das paradas dentro da xira galega do mago e pianista Nacho Samena co seu espectáculo Sugestión, que ofrecerá no Auditorio Municipal no 16 de xaneiro, ás 20.00 horas. Sugestión é o novo espectáculo de Nacho Samena no que combina as súas dúas grandes...
O Concello da Pobra mellora o campo de fútbol de Cadreche cun investimento de máis de 35.700 euros
Ao longo deste ano 2026 o Concello da Pobra do Caramiñal levou a cabo diferentes actuacións de mantemento e mellora no campo de fútbol de Cadreche, cun investimento total de 35.741,65 euros. As ditas intervencións permiten acondicionar a instalación e reforzar os seus...
Rianxo e Padrón volven estreitar lazos de amizade no marco das Festas da Guadalupe
Este martes 15 de setembro, Rianxo e Padrón volveron representar un novo acto de irmandade, achegamento e homenaxe mutua. Foi (precisamente) co gallo da celebración do Día de Padrón no marco das Festas da Guadalupe 2026, polo que as e os integrantes do Executivo e a...
O Concello de Boiro propón destinar o POS+ adicional á ampliación do complexo da Cachada e a renovar o Campo de Vista Alegre
O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno ordinario da Corporación deste xoves a participación municipal no POS+ adicional 2026 da Deputación da Coruña. A cantidade designada ao Concello é de 954.642,25 euros, que se vai investir en dous...
O Porto do Son e Outes contarán con novos centros de maiores
O Consello da Xunta desta semana informou dun proxecto de residencias de maiores que “permitirá crear 1.800 novas prazas” a través de 25 novos centros, dous dos cales estarán situados no Porto do Son e en Outes. En termos xerais (a nivel galego), incrementarase a...
A Xunta e o Concello do Son achegarán un itinerario seguro de 6 km na AC-550 coa construción da nova senda
O alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, acompañado por membros do goberno local, recibiron este martes 15 de setembro á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, para presentar a nova senda na AC-550, que, segundo indicaron, “permitirá...
Navia Espacio de Arte inaugura “Mulleres” de Jontxu Argibay
Navia Espacio de Arte (Vigo) inaugurou a exposición Mulleres, do artista da nosa comarca Jontxu Argibay (Castiñeiras, Ribeira 1976). Trátase da 17ª exposición que acolle este espazo artístico de APAMP (Asociación de Familias e Mulleres con Parálise Cerebral) que...
Rueda visita as obras de ampliación da ETAP de Padrón, que incrementa nun 40% a súa capacidade e abastece ao Barbanza, Arousa e Sar
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón, unha mellora que nas súas palabras "supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga para consumo de calidade á cidadanía da...
O Concello e a veciñanza de Carreira retoman traballo conxunto para mellorar a seguridade viaria na curva da Muiñeira
Este martes 15 de setembro retomáronse os encontros cos veciños e veciñas de Carreira afectados polo trazado do proxecto de mellora da seguridade viaria coñecido como a curva da Muiñeira, nunha reunión que segundo informaron as partes "resultou frutífera" e na que se...
Comeza o programa de emprego “Xuventude” dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra
Este martes deu comezo o programa de emprego Talento Mozo “Xuventude II” destinado a mocidade de entre 18 e 30 anos e que levan a cabo de forma conxunta os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañado polo director...
Roger Salas móstranos en Boiro a orixe e a historia do ballet, este sábado no Pazo de Goiáns
O Concello de Boiro e a Fundación Alcalde Varela achegan ó público a historia e o coñecemento da danza na IV edición do Mes da Danza. No marco desta festival chega á localidade do Barbanza o experto Roger Salas, unha das grandes voces da danza en España. Será este...
A RAGC recoñece a traxectoria de Rosa Crujeiras (Ribeira) e Francisco Rivadulla (A Pobra)
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas galegos das universidades de Santiago e Vigo. Esta distinción valora “as traxectorias singulares e consolidadas en investigación desenvolvidas na nosa...
Xa podemos presentar obras candidatas ao XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Concello de Dodro)
O pasado mércores 9 de setembro comezou o prazo para a presentación das obras candidatas ao XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2026 do Concello de Dodro, logo da publicación do extracto da convocatoria no boletín provincial (o BOP) da xornada previa. O...
O Barbanza, Muros-Noia e O Salnés sumarán novas residencias públicas dentro do plan da Xunta para maiores
As novas residencias situaranse na zona Noia/Barbanza, o centro principal estaría no Porto do Son e o de menor tamaño en Outes. , a iniciativa inclúe, xunto con estas 24 novas residencias, a comprometida pola Xunta de Galicia en Ribeira, con máis de 100 prazas, e na...
A escritora boirense Charo Lopes gaña o vixésimo terceiro premio González Garcés de Poesía coa obra “O diálogo das siamesas”
A poeta nada en Boiro Charo Lopes acadou o vixésimo terceiro premio González Garcés de Poesía que convoca a Deputación da Coruña polo seu traballo "O diálogo das siamesas" presentado baixo o pseudónimo de María Dolores Oliveira O xurado presidido pola deputada...
Volven a Ribeira, A Pobra, Noia e Santiago as actividades de baile do Taller Alecrín (Baila con Nós 2026)
O Taller Alecrín vai organizar dende o 17 ao 20 de setembro unha manchea de actividades de formación e dinamización social a través do baile, nos concellos de Noia (no Local de Ensaios Prudencio Romo), A Pobra do Caramiñal (no Colexio Salustiano Rey), Santiago (no...
Xosé Luís Veiras Manteiga elabora o cartel anunciador das Festas de Santa Minia
O Concello de Brión vén de presentar a programación dunha nova edición da Romaría de Santa Minia, a primeira tras a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. Tres días de festa, que terán lugar do venres 25 ao domingo 27 de setembro, onde a música...
Ambar abre este venres as Festas do Nazareno
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...
A Real Academia Galega e a Consellería do Mar porán en valor o léxico da cultura marítima
O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, mantivo esta mañá en San Caetano unha xuntanza coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, para abordaren posíbeis vías de colaboración e iniciativas relacionadas coa posta en valor da cultura e do patrimonio...
Volve este 16 de setembro (a Boiro e a Dodro) o bus do teatro do CDG para asistir a un novo pase de “A Serie Clopén”
Volve ao Barbanza o bus teatral do Centro Dramático Galego: unha iniciativa de mobilidade cultural que permite á veciñanza das diferentes comarcas achegarse a Santiago (ao Salón Teatro) para asistir ás representacións do CDG. Este mércores 16 de setembro a veciñanza...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Praias de silencio”. Xosé Antonio López Silva
Ángel González ten un fermoso poema titulado «Inventario de lugares propicios al amor». Hoxe, na vertixe desta época, seguimos a precisar ese percorrido do poeta ovetense, e quizais algúns máis: un sobre os lugares propicios para a lentitude; outro, sen dúbida, para...
“Desaloxos” – José Manuel Pena
A quen beneficia os desaloxos de familias vulnerables, sen alternativa habitacional? Grazas a algúns partidos da dereita política e económica os lanzamentos de vivendas habituais continúan con total alegría e desamparo xudicial. O negocio da vivenda continúa con total...
“Facer da crise da vivenda unha bandeira electoral non é ilegal” – Antón Luaces
Os decretos de vivenda que o Goberno tenciona aprobar novamente hoxe no Consello de Ministros, poderían ter unha tramitación complicada na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados. Aínda que é legal, o terremoto político xerado a partir do que o citado...
“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro
Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...
“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela
Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...



























