Rianxo e Padrón volven estreitar lazos de amizade no marco das Festas da Guadalupe

16 Setembro 2026

Este martes 15 de setembro, Rianxo e Padrón volveron representar un novo acto de irmandade, achegamento e homenaxe mutua. Foi (precisamente) co gallo da celebración do Día de Padrón no marco das Festas da Guadalupe 2026, polo que as e os integrantes do Executivo e a Corporación local recibiron aos seus homólogos de Padrón, así como ao conxunto da Corporación Municipal, nun acto solemne no que se reafirmaron os estreitos lazos históricos existentes entre os dous municipios.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, compartindo agasallos co seu homólogo rianxeiro, Julián Bustelo

Os rexedores sinalaron que “fronte ao ruído que moitas veces se xera e fronte ao hooliganismo que vemos a diario na política española, o día a día dos concellos é ben distinta, aquí hai traballo conxunto, cooperación e fraternidade entre os diferentes municipios para superar os retos que todos temos e para lles prestar aos nosos veciños e veciñas os mellores servizos. Iso é o que demostramos e reafirmamos anualmente”.

No marco dos actos do Día de Padron, a Corporación de Rianxo (a través do alcalde Julián Bustelo) aproveitou a cita para honrar á compañeira Ana Belén Castro García, concelleira de Obras do Concello de Padrón, recentemente falecida. “A súa dedicación e o seu compromiso co seu pobo que son unha inspiración para todos nós”, sinalou o rexedor.

A maiores, o alcalde padronés, Anxo Arca, celebrou que a Virxe de Guadalupe de Asorey volva presidir a praia de Tanxil.

Pementos de Herbón, dociños e marmelada de pemento foron os agasallos de Padrón á Corporación anfitrioa. Anxo Arca recibiu un pin co escudo de Rianxo como símbolo deste encontro.

Non faltaron as homenaxes a Rosalía e Castelao nin a música das bandas de ambos os concellos. De feito, as bandas municipais de Rianxo e Padrón puxeron o ramo aos actos institucionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.