O recoñecido mago e pianista Nacho Samena ofrecerá un espectáculo de música e maxia no Auditorio de Ribeira no 4 de outubro

16 Setembro 2026

Ribeira será unha das paradas dentro da xira galega do mago e pianista Nacho Samena co seu espectáculo Sugestión, que ofrecerá no Auditorio Municipal no 16 de xaneiro, ás 20.00 horas.

Sugestión é o novo espectáculo de Nacho Samena no que combina as súas dúas grandes paixóns: a música e a maxia. Trátase dunha proposta interactiva dirixida a público familiar.

“Traballamos para darlle contido ao buque insignia da cultura do Concello de Ribeira, como é o Auditorio Municipal. Desta volta traemos un espectáculo para toda a familia dun mago e músico de recoñecido prestixio”, declarou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Samena é un reputado mago cunha ampla traxectoria profesional. É subcampión nacional de maxia do 2023, finalista de Got Talent España no 2026 e percorreu os principais teatros de Galicia como mago nas Galas Internacionais de Galicia Ilusiona 2025 e actúa nos festivais de maxia máis prestixiosos do país.

A venda das entradas comeza no xoves, 17 de setembro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da Casa Consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 15 euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.