Roger Salas móstranos en Boiro a orixe e a historia do ballet, este sábado no Pazo de Goiáns

15 Setembro 2026

O Concello de Boiro e a Fundación Alcalde Varela achegan ó público a historia e o coñecemento da danza na IV edición do Mes da Danza. No marco desta festival chega á localidade do Barbanza o experto Roger Salas, unha das grandes voces da danza en España. Será este sábado 19 de setembro ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns.

A Fundación Alcalde Varela, en colaboración co Concello de Boiro e Etérea Experience, achega a Boiro a Roger Salas, escritor, crítico e historiador de danza, para participar na IV edición do Mes da Danza.

Con máis de catro décadas escribindo en El País, Salas desenvolveu unha extensa traxectoria adicada á análise, á historiografía e á divulgación da danza e do ballet.

Baixo o título ¿Qué es el ballet? Origen e historia, Salas protagonizará un coloquio aberto ó público no que percorrerá as orixes, as figuras clave, a evolución e as principais transformacións do ballet, achegando esta disciplina desde unha perspectiva histórica e cultural.

A súa presenza en Boiro propón un espazo para escoitar, conversar e descubrir o ballet dun xeito aberto, educativo e próximo, achegando ao público os seus coñecementos e a súa mirada sobre a historia e a evolución da danza.

Na cita tamén participarán María Outeiral, concelleira de Cultura do Concello de Boiro, Bárbara Da Silva, directora xerente da Fundación Alcalde Varela.

O encontro forma parte da programación do Mes da Danza 2026, unha iniciativa do Concello de Boiro que durante o mes de setembro reúne espectáculos de compañías profesionais e agrupacións locais en distintos espazos do municipio.

A programación busca poñer en valor a danza tradicional galega como expresión de identidade e patrimonio vivo, ao tempo que incorpora outras linguaxes e formas de creación contemporánea.

Nesta edición, o Pazo de Goiáns convértese nun dos principais escenarios da programación. O encontro con Roger Salas amplía esa relación entre danza e patrimonio cunha aproximación diferente: non só contemplar a danza dende o escenario, senón tamén escoitala, coñecela, contextualizala e comprender a súa evolución.

A Fundación Alcalde Varela enmarca esta iniciativa na súa liña de traballo orientada a impulsar a cultura dende Boiro, activar o territorio e xerar novas experiencias culturais, nesta ocasión en colaboración con Etérea Experience, unha proposta que explora novas formas de achegar a danza e as artes escénicas ao público adulto a través de espazos de valor cultural.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.