A Real Academia Galega e a Consellería do Mar porán en valor o léxico da cultura marítima

14 Setembro 2026

O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, mantivo esta mañá en San Caetano unha xuntanza coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, para abordaren posíbeis vías de colaboración e iniciativas relacionadas coa posta en valor da cultura e do patrimonio lingüístico vinculado ao mar.

A arquiveira-bibliotecaria da RAG, María Dolores Sánchez Palomino, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, tamén participaron nun encontro no que se lle prestou unha atención especial ao proxecto Denominación galega da fauna mariña.

Esta iniciativa da Real Academia Galega ten como obxectivo establecer nomes oficiais e normalizados para as especies de peixes presentes ou comercializadas nas augas galegas, recuperando tamén denominacións tradicionais empregadas no mundo da pesca e do marisqueo. A proposta permitiría avanzar nun repertorio de referencia con aplicación nos ámbitos pesqueiro, científico, educativo, gastronómico e comercial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.