A Policía Autonómica precinta o Camping Ría de Arousa (Cabío)

17 Setembro 2026

A Policía Autonómica de Galicia precintou as instalacións do Cámping Ría de Arousa I, emprazado a carón da praia de Cabío (A Pobra). Segundo informaron diversos medios, trátase dun peche orixinado “polo incumprimento de requirimentos administrativos” a través dos cales os responsábeis do establecemento turístico debían afrontar “unha reparcelación” e mudar a localización de varios bungalós. Desde a empresa confirmaron o precintado das instalacións.

Aos clientes que no intre do peche se atopaban no establecemento ofrecéuselles a opción de ser acollidos noutras dependencias da empresa na comarca.

A Xunta de Galicia tomou esta medida cautelar por mor de “irregularidades urbanísticas e turísticas acumuladas pola empresa xestora tras varias inspeccións”. Ao parecer, o recinto viña sobrepasando o límite de instalacións autorizadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.