Xa podemos presentar obras candidatas ao XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Concello de Dodro)

15 Setembro 2026

O pasado mércores 9 de setembro comezou o prazo para a presentación das obras candidatas ao XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2026 do Concello de Dodro, logo da publicación do extracto da convocatoria no boletín provincial (o BOP) da xornada previa. O prazo de presentación das obras rematará o día 14 de outubro de 2026.

A resolución do xurado celebrarase nunha sesión en novembro, na Casa da Cultura de Dodro.

A entrega do premio realizarase no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón o 12 de decembro de 2026.

Poderán concorrer a este certame todas as persoas maiores de 18 anos que así o desexen, sempre que non foran premiadas nalgunha das cinco edicións anteriores do premio.

O XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ten unha dotación económica de dous mil cincocentos euros (2.500,00 euros). Ademais, a obra galardoada será publicada, co auspicio do Concello de Dodro, dentro do ano seguinte ao do ditame do premio, nunha editorial de recoñecido prestixio.

As obras que se presenten á nova edición do certame deberán reunir os seguintes requisitos: deberán ser obras de poesía escritas en lingua galega, de xeito íntegro ou principal; terán que ser traballos orixinais, inéditos na súa totalidade, non premiados noutros certames e que carezan de compromisos de publicación con algunha editorial; ademais as persoas participantes terán a obriga de comunicar ao Concello de Dodro a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada. A maiores, os poemarios serán de tema e forma libres e terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800.

Edición previa

O Concello de Dodro celebrou o pasado mes de maio, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, o acto de entrega da edición XXXVIII do Premio de Poesía, que recaeu na obra Upupú, da poeta Inés Mosquera Calvo. O certame fora novamente convocado polo Concello e coordinado pola poeta Silvia Penas.

A obra resultou escollida no mes de novembro entre un total de corenta e dúas candidatas. O xurado estivo composto polas poetas María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, ademais do alcalde de Dodro e do concelleiro de Cultura.

Na acta, o tribunal destacou a presenza do paxaro Upupú como fío simbólico do poemario, que “soa ao longo dos poemas como unha oración” e se impón sobre a dor, a enfermidade e a vergonza. A obra está dividida en cinco partes e acompáñase de citas doutros autores, na súa maioría mulleres, que reforzan o seu percorrido poético.

Inés Mosquera Calvo naceu en Carcacía, Padrón, en 1992. É graduada en Educación Primaria con especialización na docencia de linguas estranxeiras e conta cun máster en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade traballa como tradutora.

A autora iniciou a súa traxectoria poética en 2022 coa publicación de Papulas Amarelas, a través de Medulia Editorial, e ao ano seguinte apareceu o seu segundo libro, Nonmesquezas. Ademais, participou en publicacións colectivas como Dorna e Domingo das Mozas.

Lembrar que o premio da anterior edición, a XXXVII, foi dar a Miguel Cavadas pola obra Himno Nacional.

Este importante galardón das nosas letras honra a memoria do poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, autor dos poemarios Os días olvidados e O corpo e as sombras, ademais de ensaios e o libro de narrativa xuvenil O libro das viaxes e dos soños. Baleirón morreu de xeito prematuro en 1986, aos 24 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.