O Concello de Boiro propón destinar o POS+ adicional á ampliación do complexo da Cachada e a renovar o Campo de Vista Alegre

16 Setembro 2026

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno ordinario da Corporación deste xoves a participación municipal no POS+ adicional 2026 da Deputación da Coruña. A cantidade designada ao Concello é de 954.642,25 euros, que se vai investir en dous proxectos de obras.

Por unha banda o Concello propón o proxecto de ampliación das salas fitness no Complexo Deportivo da Cachada, unha actuación dun importe de 455.542,92 euros coa que se pretende ampliar a instalación de maneira que dea cabida a tres novas salas para a práctica de deporte e tamén a dotación de gradas na parte da piscina.

O outro proxecto que se pretende executar é o de renovación do céspede de herba artificial e mellora da cuberta das gradas no Campo de Fútbol de Vista Alegre. Esta actuación ascende aos 362.998,26 euros e ten como finalidade renovar o céspede do campo máis antigo da instalación que presenta unha situación de desgaste e deterioro debido ao paso dos anos.

O importe restante da suma deses proxectos, 136.101,07 euros, destinarase ao gasto corrente. A aprobación da participación do Concello de Boiro con estes proxectos no POS+ adicional 2026 da Deputación da Coruña debaterase este xoves no Pleno ordinario do mes de setembro que se celebra ás 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.