O Barbanza, Muros-Noia e O Salnés sumarán novas residencias públicas dentro do plan da Xunta para maiores

15 Setembro 2026

As novas residencias situaranse na zona Noia/Barbanza, o centro principal estaría no Porto do Son e o de menor tamaño en Outes. , a iniciativa inclúe, xunto con estas 24 novas residencias, a comprometida pola Xunta de Galicia en Ribeira, con máis de 100 prazas, e na que xa se está traballando co Concello na cesión da parcela na contorna do parque de San Roque.

As comarcas do Barbanza, Muros-Noia e O Salnés contarán con varios dos novos centros asistencias incluídos no plan de residencias aprobado polo Consello da Xunta, unha estratexia dotada con 1.800 novas prazas en vinte e cinco centros en Galicia, onde polo menos o 60 % serán de titularidade pública autonómica.

No ámbito do Barbanza e Muros-Noia, o proxecto ratifica a construción da residencia comprometida de máis de cen prazas en Ribeira, cuxos trámites avanzan para a cesión da parcela municipal na contorna do parque de San Roque. A maiores, dentro do lote asignado a esta contorna, Porto do Son acollerá a infraestrutura principal de máis de cen prazas, que traballará en rede cun centro satélite de menor tamaño situado no municipio veciño de Outes.

Pola súa banda, na comarca do Salnés a distribución establecida pola Administración autonómica contempla a creación doutro lote conxunto. Sanxenxo foi o emprazamento escollido para albergar a residencia de gran capacidade con máis de cen prazas, mentres que o centro satélite complementario levantarase en Cambados.

Os concellos implicados terán un mes de prazo para formalizar a súa adhesión a esta iniciativa autonómica e disporán dun ano para poñer á disposición da Xunta as parcelas dotacionais que cumpran coas condicións técnicas para iniciar as obras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.