O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora dun camiño rural de Pomar do Rio a Enseño, na parroquia de Cures. O importe base da licitación é de 102.944’84 euros e a actuación conta co co-financiamento das Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
As actuacións que se pretenden levar a cabo pretenden a renovación do firme existente, canalizando a auga en superficie para a súa eliminación; así como a canalización das augas fecais de vivendas existentes nesa zona e que so contan con fosa séptica. Vaise regularizar a sección libre do camiño entre os 4 e os 4,5 metros de sección de vía, con sumidoiros laterais e canalización de pluviais para a recollida de auga da choiva.
Para levar a cabo esta actuación o Concello de Boiro recibe da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 62.740,10 euros mediante as axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.




