A Xunta e o Concello do Son achegarán un itinerario seguro de 6 km na AC-550 coa construción da nova senda

16 Setembro 2026

O alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, acompañado por membros do goberno local, recibiron este martes 15 de setembro á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, para presentar a nova senda na AC-550, que, segundo indicaron, “permitirá conformar un itinerario seguro e continuo ao longo de quilómetros no termo municipal”.

A aprobación deste proxecto de trazado publicouse onte no Diario Oficial de Galicia, e nel investiranse 2,7 millóns, financiados con fondos FEDER.

Habilitaranse dous treitos principais de senda entre Linteiros e Quintáns, que conectarán coas beirarrúas existentes e con treitos antigos da estrada para conformar un itinerario seguro. O primeiro treito da nova senda estenderase ao longo de máis de un quilómetro entre Linteiros e A Gafa, mentres que o segundo, de 2,3 quilómetros, irá desde a zona urbana de Freixedo ata o tanatorio de Campo de Prado.

Explicaron que a senda terá 2 metros de ancho “agás en puntos singulares” e permitirá, sumada aos tramos existentes, “conformar un itinerario seguro e cómodo para os desprazamentos de veciños e visitantes ao longo de seis quilómetros desta estrada autonómica, desde o límite con Noia a Quintáns”, engadiron, apuntando que a intervención incluirá actuacións singulares, como as pasarelas que se executarán sobre os ríos Hornanda e Quintáns, así como a mellora da accesibilidade de 6 paradas de autobús. A nova senda facilitará o acceso ás praias situadas paralelamente a esta estrada (como a das Gaivotas, as de Pozo e Langaño, e a de Aguieira), xa que conectará directamente con camiños ou viarios de acceso a estes areais.

Trala presentación, o rexedor sonense agradeceu “a permanente disposición da Xunta, e sobre todo neste caso para facer realidade esta actuación tan demandada no noso municipio e que permitirá mellorar a seguridade peonil nunha estrada con elevada intensidade de tráfico”.

Pola súa banda, Allegue destacou que, unha vez aprobado xa definitivamente este proxecto de trazado e publicado no Diario Oficial de Galicia, a Xunta avanza na supervisión do proxecto construtivo, para a próxima licitación das obras neste ano. Terán un prazo de execución de 14 meses.

Explicou que “unha vez que estea rematada, xunto aos outros seis quilómetros de itinerarios xa executados polo Concello, serán un total de doce os quilómetros de traxecto seguro nesta estrada no municipio do Porto do Son”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.