Volve este 16 de setembro (a Boiro e a Dodro) o bus do teatro do CDG para asistir a un novo pase de “A Serie Clopén”

14 Setembro 2026

Volve ao Barbanza o bus teatral do Centro Dramático Galego: unha iniciativa de mobilidade cultural que permite á veciñanza das diferentes comarcas achegarse a Santiago (ao Salón Teatro) para asistir ás representacións do CDG.

Este mércores 16 de setembro a veciñanza de Boiro e Dodro terá ocasión de participar na iniciativa, e poderá viaxar para asistir a un novo pase de A Serie Clopen no Salón Teatro, unha actividade no marco do programa de mobilidade Sobes ao bus do teatro? do Centro Dramático Galego.

As persoas de Boiro que queiran participar terán que estar ás 15.35 nas escaleiras da Cachada. As inscricións presenciais no Centro Social de Boiro, no teléfono 981 848 425 ou no enderezo educacion@boiro.gal.

As persoas de Dodro que acudan a Santiago á nova representación da obra terán que estar ás 15.55 na praza do Concello. En Dodro as inscricións son na Casa da Cultura de Dodro ou no teléfono 981 80 24 72 ata o 15 de setembro.

A función está prevista para as 18.00 horas e a chegada sobre as 20.00 horas a Dodro, un pouco máis tarde a Boiro. O prezo da entrada é de 5 euros.

A Serie Clopén é unha obra recomendada para todos o públicos (os menores deben ir acompañados dunha persoa adulta responsábel).

A serie Clopen é unha produción do Centro Dramático Galego con acrobacias imposíbeis, aéreos de impacto, comedia hilarante, danza, clown e unha historia engaiolante. A dirección corre a cargo de Pablo Reboleiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.