O Porto do Son mellorará a rede viaria e de saneamento a través dos máis de 700.000 euros do POS Adicional

16 Setembro 2026

O Concello do Porto do Son aprobou este martes 15 de setembro en sesión plenaria extraordinaria o POS+adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, destinado a mellorar a rede viaria e de saneamento municipal. O acordo contou con luz verde cos votos a favor Partido Popular, abstención do Bloque Nacionalista Galego e ausencia do Partido Socialista.

Este plan provincial, que conta cun investimento total de 702.902 euros distribúese en cinco proxectos que supoñen unha mellora significativa en diferentes puntos do municipio.

Así, o plan de actuacións recolle a 2ª fase de humanización do núcleo de A Silva, na parroquia de Goiáns, que conta cun investimento de 226.123 euros; o saneamento do lugar de Pedra de Lobo e conexión á rede existente en Resúa, na parroquia de Nebra, cun investimento de 43.067 euros; a mellora da capa de rodadura do camiño municipal na parroquia de Xuño, cun investimento de 146.426 euros; a mellora da capa de rodadura no núcleo de A Tarela, na parroquia de Noal, por valor de 75.920 euros; e a mellora da capa de rodadura no núcleo de Tarrio, na parroquia de Queiruga, cun investimento de 211.365 euros.

Este compendio de actuacións, financiando con fondos provinciais, contribúe ao desenvolvemento equilibrado de todas as parroquias e reforza o compromiso do grupo de goberno cunha xestión próxima, eficaz e orientada ao interese xeral.

Tras o anuncio, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “este plan de obras dará continuidade á mellora da rede viaria e do saneamento do noso municipio e supoñerá un paso importante para levar a cabo obras e actuacións necesarias” e engadiu que “son actuacións que reforzan o compromiso deste Goberno local coa mellora das infraestruturas municipais e que apostan por unha xestión eficaz, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.