Comeza o programa de emprego “Xuventude” dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra

15 Setembro 2026

Este martes deu comezo o programa de emprego Talento Mozo “Xuventude II” destinado a mocidade de entre 18 e 30 anos e que levan a cabo de forma conxunta os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañado polo director territorial de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, Juan José Couce Prego; o concelleiro Roberto Lojo; e as concelleiras de Rianxo, Ana Vidal; e A Pobra, Amparo Cerecedo; deron a benvida ao alumnado.

Este obradoiro desenvólvese na especialidade de mantemento de xardíns e zonas verdes, unha cualificación profesional orientada á adquisición de competencias para a instalación, conservación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes. O alumnado traballador recibirá formación teórica e tamén práctica en xardíns e zonas verdes dos municipios de Boiro, Rianxo e A Pobra.

O programa está destinado a 16 mozos e mozas maiores de 18 anos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que contan cun contrato de traballo será para a formación en alternancia, cunha retribución do salario mínimo interprofesional e unha xornada de traballo a tempo completo durante 12 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

Este programa conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mediante unha subvención de 478.994,36 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.