Volven a Ribeira, A Pobra, Noia e Santiago as actividades de baile do Taller Alecrín (Baila con Nós 2026)

14 Setembro 2026

O Taller Alecrín vai organizar dende o 17 ao 20 de setembro unha manchea de actividades de formación e dinamización social a través do baile, nos concellos de Noia (no Local de Ensaios Prudencio Romo), A Pobra do Caramiñal (no Colexio Salustiano Rey), Santiago (no Polideportivo de Fontiñas) e Ribeira (no Centro Social de Carreira e no Conservatorio de Música). Estas actividades encádranse no programa Baila con Nós 2026, de Alecrín.

A axenda inclúe programa de obradoiros de baile gratuítos deseñado pola Asociación Cultural Taller Alecrín en colaboración con entidades públicas e asociativas. Dirixido ao público adulto, o programa ten por obxectivo xeral a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella nun contexto social e deportivo.

Haberá obradoiros dunha hora de linedance (iniciación, perfeccionamento e deportivo), modalidade con inscrición individual, indicado para persoas que desexen una toma de contacto cos diferentes ritmos de baile clásicos, latinos ou modernos; e obradoiros de baile social (iniciación e perfeccionamento), modalidade encamiñada á práctica en parella, no que se ofrece unha selección renovada de bailes estándar, latinos e tropicais,

O programa desenvolverase dende o vindeiro xoves 17 ata o o mércores, 30 de setembro nos concellos de Noia, Pobra, Santiago e Ribeira en horarios de tarde-noite. Para calquera información ou para inscribirse pódense dirixir ao teléfono da Asociación 698 150 432 ou ben enviar un correo ao enderezo electrónico: talleralecrin@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.