O Concello e a veciñanza de Carreira retoman traballo conxunto para mellorar a seguridade viaria na curva da Muiñeira

15 Setembro 2026

Este martes 15 de setembro retomáronse os encontros cos veciños e veciñas de Carreira afectados polo trazado do proxecto de mellora da seguridade viaria coñecido como a curva da Muiñeira, nunha reunión que segundo informaron as partes “resultou frutífera” e na que se puxo de manifesto a vontade de seguir avanzando na procura das mellores solucións para a zona. Durante o encontro, os veciños e veciñas puideron trasladar as súas cuestións, preocupacións e achegas en relación co proxecto, ao tempo que se analizaron diferentes aspectos relacionados co seu desenvolvemento.

O encontro, no que participaron o concelleiro Víctor Reiriz, persoal técnico encargado do proxecto e as persoas afectadas polo trazado, permitiu achegar posturas e avanzar na procura dunha solución que compatibilice, na medida do posíbel, os intereses dos implicados coa necesidade de mellorar a seguridade viaria neste punto de Carreira.

O Goberno municipal valorou “positivamente” o resultado do encontro e destacou a importancia de manter unha comunicación fluída coa veciñanza.

O obxectivo é “continuar traballando de maneira conxunta para que a actuación da curva da Muiñeira poida avanzar”, dando resposta a unha demanda histórica vinculada á mellora da seguridade viaria e procurando compatibilizar a execución do proxecto cos intereses das persoas implicadas, informou o Concello.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.