O Concello de Noia vén de ampliar ata este venres ás 23:59 horas o prazo de inscrición para o I Campamento de Verán Xuvenil, unha iniciativa pensada para ofrecer á mocidade unha experiencia de convivencia, deporte e lecer no inicio do verán. A ampliación do prazo...
Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...
En Ribeira, avanza a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas
O Concello de Ribeira avanza na remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e na accesibilidade á praia de Coroso dentro do seu Plan deSustentabilidade Turística en Destino. Esta actuación busca articular a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais,...
A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...
Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio en Padrón, Rois e Dodro
A praza Macías de Padrón acolleu este mércores 10 de xuño pola mañá a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no teu Comercio, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de maio nos municipios de Padrón, Rois e Dodro, cun total de 1.022 tíckets rexistrados....
O BNG de Ribeira pide explicacións ao Concello sobre os traballos con maquinaria pesada na praia do Róbalo
O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira emitiu un comunicado no que expresa a súa preocupación pola destrución de hábitats protexidos dunares na praia do Róbalo, levados a cabo, segundo informou ADEGA, por maquinaria pesada. O BNG critica que a maquinaria realizou...
A Noite Aberta de Boiro convértese nunha edición especial sobre o eclipse
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presentou este 10 de xuño unha nova edición da Noite Aberta de Boiro, que se celebrará o vindeiro sábado 13 de xuño e que nesta ocasión estará inspirada no eclipse solar previsto para o próximo mes de agosto. O alcalde, José...
A emblemática Regata Ramiro Carregal Rey celebrarase os días 20 e 21 de xuño puntuando na Copa Galicia de Clubs Náuticos
Juan Caballero (texto e imaxe). O Salón Nobre do Real Club Náutico Portosín acolleu a presentación da 26 edición da Regata Ramiro Carregal Rey – Gran Trofeo Faro de Corrubedo, emblemática proba que organiza o club portosinense en colaboración co Club Náutico e...
Os viños das IXPs da Coruña danse cita en Boiro nos Encontros en Lab Barbanza – Experiencias BoViño
O Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro acolle o vindeiro luns 15 de xuño o evento Encontros en Lab Barbanza / Experiencias BoViño. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación do evento xunto co seu promotor, Suso...
Autos Comparado SL únese á petición do Día das Letras Galegas de 2027 para Diego Antonio Zernadas de Castro
Autos Comparado SL, empresa de autobuses especializada en servizos de autobús en Galicia (especialmente nas comarcas de Noia, Muros, Barbanza e Santiago de Compostela), únese á campaña Zernadas 27, para reclamar á Real Academia Galega que dedique o Día das Letras...
O Centro Lustres Rivas acolle a presentación dun libro sobre os irmáns Fernández Sendón no 12 de xuño
Unha nova cita literaria chega ao Centro Cultural Lustres Rivas da man da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB) coa colaboración do Concello de Ribeira. Trátase da presentación da obra Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e...
O Noia Harp Fest aposta pola creación propia coa estrea de dúas producións exclusivas
O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) consolídase na súa 13ª edición como, en palabras da organización, "moito máis que un escaparate de concertos: é tamén un espazo onde a música se crea e se experimenta dende cero". Así, alén da aposta pola...
Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...
A praza Alcalde Segundo Durán acollerá o 27 de xuño unha nova edición da Choqueirada de Verán
A praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 27 de xuño unha nova edición da Choqueirada, en palabras do Concello "unha das celebracións máis emblemáticas e participativas do calendario festivo local". A programación arrancará ás 22.00 horas...
A cooperativa gráfica Sacauntos oficializa o seu modelo de emisións cero co selo do Ministerio tras reforestar o Barbanza
Sacauntos Sociedade Cooperativa Galega, con sede en Santiago, deu un paso definitivo na súa estratexia de sustentabilidade industrial. A Oficina Española de Cambio Climático (OECC), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO),...
ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño
ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...
UCIN Galicia critica ás administracións polo “aumento da criminalidade no Barbanza”
O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, mostrou nun comunicado a súa profunda preocupación polo "incremento da criminalidade rexistrada en diversos municipios da comarca do Barbanza" e, especialmente, "polos datos coñecidos recentemente en Ribeira, onde os...
Esta “finde” celébranse as Festas da Bacariza na honra do Santo Antón
Esta fin de semana (o sábado 14 de xuño e o domingo 15) vanse celebrar en Bacariza-Isorna as Festas da Bacariza, na honra do Santo Antón, que veñen cunha manchea de actividades culturais, de lecer e relixiosas. A troula comezará ás 8.30 horas do sábado coa gran tirada...
Armadanzas representa en Rianxo este domingo “Unha de contos des contados”
Este domingo 14 de xuño vaise celebrar un espectáculo teatral para a rapazada no Auditorio de Rianxo, na Sala Arcos Moldes. Trátase da función Unha de contos des contados, a cargo de Armadanzas Teatro. Será unha cita cultural de entrada libre ata completar a...
Ribeira acolle este venres a presentación do libro que recupera a memoria de Enrique e Manuel Fernández Sendón
Este venres 12 de xuño a CRMH do Barbanza en colaboración co Concello de Ribeira presentará en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, o libro Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión. Unha obra na que se desentraña a vida persoal, política e...
A Xunta destina máis de 4,3 millóns á formación marítimo-pesqueira en 2026, a maior inversión dos últimos anos, entre ela a de Ribeira
A Xunta de Galicia reforzará en 2026 a súa aposta pola formación marítimo-pesqueira cun investimento superior aos 4,3 millóns de euros, a cifra máis elevada dos últimos exercicios e un 27,77 % máis que no ano anterior. Así o anunciou a directora xeral de...
Tempo estable este mércores 10, con ceos despexados e lixeiro ascenso das temperaturas
Continuaremos este mércores 10, baixo a influencia das altas presións, que favorecerán unha situación de estabilidade atmosférica marcada pola circulación de ventos do nordés. A xornada comezará con presenza de néboas e nubes baixas en diversas comarcas do interior,...
O BNG de Lousame recolle as demandas das familias usuarias do programa Concilia e reclama melloras no servizo
O BNG de Lousame mantivo unha reunión con nais e pais afectados polo programa Concilia, que se desenvolverá durante os meses de verán no CPI Cernadas de Castro, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades e trasladar propostas orientadas á mellora...
O alcalde e o delegado do Goberno supervisan o inicio das obras de mellora da N-550 ao seu paso por Padrón
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisaron este martes 9 de xuño pola mañá o inicio dos traballos de asfaltado na estrada N-550 ao seu paso polo municipio padronés. Unha actuación que forma parte do Plan Especial de...
Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar a sufragar actividades socioculturais dos menores
O Concello de Rois vén de poñer en marcha o Bono Cultura Familia, unha nova liña de axudas destinada a facilitar a participación de nenos e nenas en actividades socioculturais e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación laboral e familiar das persoas residentes no...
O Concilia Verán do Concello de Noia bate récords de solicitudes tras a ampliación de prazas e horarios
O Concilia Verán do Concello de Noia acadou este ano un récord de solicitudes, confirmando, segundo o Goberno local, "a crecente demanda dos servizos municipais de conciliación". Así, apuntan, malia "o esforzo realizado polo Concello para ampliar tanto o número de...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...
“El verdadero líder”. Alberto Barciela
El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...
“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces
Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas características, constatan que se...
“Leire”. Xulio Xiz
Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...
«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva
Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...



























