O alcalde e o delegado do Goberno supervisan o inicio das obras de mellora da N-550 ao seu paso por Padrón

09 Xuño 2026

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisaron este martes 9 de xuño pola mañá o inicio dos traballos de asfaltado na estrada N-550 ao seu paso polo municipio padronés. Unha actuación que forma parte do Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas que o Ministerio de Transportes está a executar para reparar os danos provocados polos temporais do inverno nas estradas galegas competencia do Estado.

Arca e Blanco estiveron acompañados polo polo xefe da Demarcación de Estradas do Estado na provincia da Coruña, Francisco Prego, e pola tenente de alcalde de Padrón, Chus Campos.

Na visita ás obras, o delegado do Goberno explicou que os traballos que arrancaron este martes 9 de xuño “constan dun orzamento de 500.000 euros para o tramo padronés da N-550 e da N-550a”. Destinaranse 300.000 para a reparación máis urxente e 200.000 para actuacións puntuais e de mantemento.

As obras que se están a executar consisten fundamentalmente no fresado e reposición do firme, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade.

Trátase dunhas obras “moi necesarias nunha vía de comunicación importantísima para Padrón e para Galicia”, subliñou o alcalde, que se amosou moi agradecido “por ver as máquinas xa traballando”.

Agora, desde o Concello seguirán o transcurso das obras, que Arca explicou que, no caso da N-550, durarán “en torno a tres semanas ou un mes se o tempo acompaña e non hai incidencias”. Os traballos empezaron esta mañá na circunvalación e seguirán desde a rotonda do Hotel Scala en dirección cara a Santiago. A continuación, está previsto que as obras de mellora continúen tamén na N-550a, a antiga nacional, desde a mesma rotonda e ata a ponte de Pontecesures. “Unha vez concluídos, teremos unha infraestrutura nunhas condicións óptimas para que sexa segura para toda a intensidade de tráfico que soporta a diario”, celebrou o alcalde.

Os traballos de mellora do firme da N-550 ao seu paso por Padrón forman parte das obras de emerxencia que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible executa nas estradas galegas das catro provincias para reparar os danos provocados polos temporais do inverno, realizadas dentro do Plan Especial de Estradas en Galicia, dotado con 167 millóns de euros e que deixa en Padrón 500.000 euros para a mellora do seu tramo da N-550 e da N-550a.

Na súa visita ao municipio padronés, Blanco subliñou que este Plan Especial mobiliza 38 millóns de euros extraordinarios que, sumados ao investimento ordinario, “permiten alcanzar en 2026 a cifra récord de 167 millóns destinados á conservación das estradas do Estado en Galicia, o maior investimento anual da historia recente”.

Melloras na travesía da N-550 por Padrón

En paralelo a estas melloras, Pedro Blanco e Anxo Arca lembraron que o Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía da N-550 en Padrón, entre A Ponte e o centro da vila. As obras converterán esta estrada nunha zona máis segura e adaptada a novas formas de mobilidade, “cumprindo cunha demanda histórica do Concello e da veciñanza”.

En declaración aos medios de comunicación, subliñaron que esta actuación creará unha vía segura e accesible, con espazo para os peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano, que se estenderá ao longo de case un quilómetro entre o centro urbano e o límite coa provincia de Pontevedra.

Outros artigos

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.