O Concello de Noia amplía ata este venres o prazo de inscrición para o I Campamento de Verán Xuvenil

10 Xuño 2026

O Concello de Noia vén de ampliar ata este venres ás 23:59 horas o prazo de inscrición para o I Campamento de Verán Xuvenil, unha iniciativa pensada para ofrecer á mocidade unha experiencia de convivencia, deporte e lecer no inicio do verán.

A ampliación do prazo responde ao interese xerado por esta actividade e permitirá que máis familias poidan organizar a súa participación. Desde o Concello lembran que aínda quedan prazas dispoñibles, polo que animan ás persoas interesadas a formalizar a inscrición antes de que remate o novo prazo.

O campamento está dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos e celebrarase do 27 de xuño ao 1 de xullo no Albergue Xuvenil de Arnela, en Porto do Son. A proposta inclúe pernocta e un programa completo de actividades nun entorno natural privilexiado, co obxectivo de fomentar a convivencia e a creación de novas amizades.

Durante cinco días, os participantes poderán desfrutar de actividades como padelsurf, DiverJump Xuvenil, rutas polas praias, dinámicas de grupo e outras propostas de lecer e aventura. A iniciativa combina ocio, deporte e aprendizaxe, promovendo valores como a autonomía, o compañeirismo e os hábitos de vida saudables.

Con esta iniciativa, o Concello de Noia aposta por ofrecer alternativas de lecer de calidade para a mocidade, creando espazos onde compartir experiencias e aproveitar o verán dunha forma activa e enriquecedora.

As inscricións poden realizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Noia ou no Rexistro Municipal. Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas e que o prazo rematará este venres ás 23:59 horas.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.