O Centro Lustres Rivas acolle a presentación dun libro sobre os irmáns Fernández Sendón no 12 de xuño

10 Xuño 2026

Unha nova cita literaria chega ao Centro Cultural Lustres Rivas da man da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB) coa colaboración do Concello de Ribeira. Trátase da presentación da obra Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión, escrita por XL Axeitos, Uxío Bobillo e Carlos Cimadevila, enmarcado na colección de Episodios Republicanos Barbanzáns.

O acto será este venres, 12 de xuño, ás 20.00 horas, coa participación da concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o presidente da CRMHB, Carlos Cimadevila; un dos autores, Xosé Luís Axeitos; e o psiquiatra xubilado, Fidel Vidal.

Dito exemplar afonda na historia destes irmáns ribeirenses que destacaron polo seu labor político, literario e sindical para seguir na senda de dignificar a memoria de todas aquelas persoas que loitaron pola defensa dos principios democráticos durante a Guerra Civil e a ditadura, como apuntaron o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño; o presidente da CRMHB, Carlos Cimadevila; e o vogal da entidade, Xan Hermida.

“Dende o Concello de ribeira apoiamos as actividades dunha entidade nacida no 2012 cun ámbito de traballo comarcal que xa se traduciu en numerosas iniciativas, entre elas, en Ribeira coa presentación de varios libros sobre memoria histórica ou a colocación dunha peza de Soledad Penalta no Malecón”, indicou o edil.

Pola súa parte, os representantes da CRMHB manifestaron que “este libro supón un exercicio de recuperación da memoria histórica e tamén da dignificación de dúas figuras castigadas pola represión franquista, nun contexto no que moitas veces foron silenciadas durante décadas. A obra reconstrúe as súas vivencias persoais, o compromiso republicano, o impacto da represión e a pegada cultural e humana que deixaron na sociedade galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.