A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

10 Xuño 2026

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro.

Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar e, cando outro cliente interveu para evitar a confrontación, propinoulle un puñazo na cara e derrubouno ao chan. Durante o incidente, a vítima sufriu diversas contusións e a perda dun incisivo superior. O tribunal considera acreditado, tras a valoración das probas, a autoría do delito por parte do investigado. 

A sentenza no é firme, xa que se pode recorrer ante o TSXG. 

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión