A emblemática Regata Ramiro Carregal Rey celebrarase os días 20 e 21 de xuño puntuando na Copa Galicia de Clubs Náuticos

10 Xuño 2026

Juan Caballero (texto e imaxe). O Salón Nobre do Real Club Náutico Portosín acolleu a presentación da 26 edición da Regata Ramiro Carregal Rey – Gran Trofeo Faro de Corrubedo, emblemática proba que organiza o club portosinense en colaboración co Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

Presidido o acto polo empresario Ramiro Carregal Rey, a presentación foi conducida polo presidente do Real Club Náutico Portosín, José Codesido, acompañado do seu comodoro, Miguel Reboreda; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do Club Náutico Deportivo de Ribeira José Luis Torres Colomer; os concelleiros de deportes de Porto do Son e Ribeira, Carlos Lorenzo e Alex Vidal; e a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, María del Mar Ferreiro.

A XXVI Regata Ramiro Carregal Rey disputarase os días 20 e 21 de xuño, cun percorrido costeiro e unha proba ao vento: a primeira delas o sábado, que levará á frota desde a ría de Muros e Noia ata a de Arousa, nun trazado de gran beleza paisaxística, con Corrubedo e o Paso de Sagres próximo a Aguiño co pano de fondo de Sálvora, Vionta e Noro, que fan do seu rumbo un dos máis belos das Rías Baixas.

E o segundo, na xornada dominical, un barlovento – sotavento, nun trazado moito máis técnico que obrigará ás tripulacións para empregarse a fondo para optimizar os mellores resultados ao ser unha manga onde os pasos por boia son decisivos.

“Ramiro, quero expresarche o maior dos meus agradecementos e o de toda a xunta directiva deste club de Portosín, por todo o ben que ao deporte da vela fixécheslle”, manifestaba Codesido.

“Cando chego aquí atópome na casa. Ribeira e Portosín son dúas localidades unidas e nesta ocasión fano con esta regata que é dun percorrido moi atractivo dobrando o Cabo de Corrubedo”, apuntaba Colomer.

“Síntome moi orgulloso da unión destes dous clubs náuticos que unen a comarca do Barbanza e en que ambos naveguen unidos por unha regata que simboliza esa unión”, dicía Carregal.

A Ramiro Carregal Rey volve ser Copa de Galicia de Clubs, antesala das regatas da vela pesas na comarca do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.