Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio en Padrón, Rois e Dodro

10 Xuño 2026

A praza Macías de Padrón acolleu este mércores 10 de xuño pola mañá a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no teu Comercio, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de maio nos municipios de Padrón, Rois e Dodro, cun total de 1.022 tíckets rexistrados.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteáronse 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

Merca no teu Comercio ten Premio é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

Na entrega dos galardóns participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles José Antonio Seijas Castro, presidente da Federación de Comercio de A Coruña; Anxo Rei Arca, alcalde de Padrón; Luis Fernández Díaz, secretario xeral da Federación Galega de Comercio; así como representantes de Abanca.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.