Autos Comparado SL, empresa de autobuses especializada en servizos de autobús en Galicia (especialmente nas comarcas de Noia, Muros, Barbanza e Santiago de Compostela), únese á campaña Zernadas 27, para reclamar á Real Academia Galega que dedique o Día das Letras Galegas de 2027 a Diego Antonio Zernadas de Castro, coincidindo co 250 aniversario do seu pasamento.
Un apoio que Autos Comparado SL amosará durante este ano 2026 na súa flota de microbuses, minibuses, autobuses e autobuses de luxo, que levarán rotulado o logotipo da campaña Zernadas 27 nas fiestras traseiras e na porta de entrada. Así o puideron comprobar os voceiros dos tres grupos municipais integrantes da Comisión de Seguimento da Campaña Zernadas 27, durante a penúltima reunión da comisión.

Empresa familiar
O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, xa aproveitara o acto do 17 de maio realizado en Fruíme para agradecer en persoa o apoio de Autos Comparado SL aos responsables desta empresa familiar: Manolo Rodríguez, José Ramón Rodríguez e Lorena Rodríguez, tres xeracións de Autos Comparado SL.

Autos Comparado SL é unha empresa familiar fundada no ano 1947 por Ramón Rodríguez Laíño. Unha firma nacida para cubrir o servizo entre as Minas de San Finx en Lousame e Noia, que foi medrando e adquirindo un amplo coñecemento e experiencia no sector.
Na actualidade, Autos Comparado SL ofrece servizos de autobuses nas comarcas de Noia (Noia, Lousame, Porto do Son e Outes), Muros, Barbanza (Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) e Santiago de Compostela, aínda que tamén ofrece servizos de transporte nacionais e internacionais. Para iso conta cunha flota de autocares de última xeración, coa máis moderna tecnoloxía para alugar ou consumir como servizos de autobuses de excelente calidade, comodidade e seguridade. Dende microbuses e minibuses de 15 prazas ata os máis grandes autobuses de 55 prazas.




