
Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda.
Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as palmas marcan o ritmo. No centro, dúas persoas van respondendo aos movementos da outra.
Dende o Concello de Noia indican que para ver como se desenvolve unha roda en directo, nada mellor que achegarnos este sábado pola tarde á Alameda, para ver unha demostración participativa deste espectáculo a cargo do equipo Metanoia e o Graduado Arara.
Será a partir das 17.00 horas e en caso de chuvia trasladarase ao Pavillón Municipal Agustín Mourís






