Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

10 Xuño 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se atopan a piques de rematar.

A conselleira explicou que os traballos consistiron na reconstrución dun tramo de peirao de 18 metros de lonxitude para reforzar a súa estabilidade, afectada pola propia acción do mar. Ademais engadiu que ao tratarse dunha zona accesíbel ao tránsito, a actuación realizada reforzará a seguridade das persoas e da maquinaria que circula acotío sobre ela.

En concreto, as obras incluíron a demolición ata a súa cimentación de toda a parte afectada polos problemas de estabilidade. “Para isto”, explicou a conselleira, “foi preciso retirar previamente todos os elementos de mobiliario urbano existentes na contorna da actuación”. Estes elementos estanse a repoñer ao finalizar as obras, unha vez reparados e substituídas as súas pezas de ancoraxe. Os traballos incluíron tamén a reposición de todos os servizos afectados.

As obras de reconstrución parcial do peirao interior de Muros adxudicáronse inicialmente en 361.000 euros pero, unha vez iniciados os traballos, o orzamento tivo que incrementarse “polos danos ocultos que rexistraba a estrutura”, sinalou a conselleira, engadindo que “durante o inicio das escavacións constatouse que o material de recheo da explanada estaba constituído por area e non por pedra como se prevía”. Ante este cambio, resultou necesario variar a pendente de escavación prevista para facela máis tendida e conter así o material areoso.

Ademais, dado que o material areoso presenta un alto contido en finos que podería provocar unha elevación significativa da turbidez da auga, Portos de Galicia instalou unha barreira antiturbidez para limitar a dispersión dos sedimentos. Finalmente, empregouse formigón somerxido para executar os encontros entre o peirao existente e o novo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.