A praza Alcalde Segundo Durán acollerá o 27 de xuño unha nova edición da Choqueirada de Verán

10 Xuño 2026

A praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 27 de xuño unha nova edición da Choqueirada, en palabras do Concello “unha das celebracións máis emblemáticas e participativas do calendario festivo local”.

A programación arrancará ás 22.00 horas coa actuación da macrodisco EME Music xunto a Marcos Magán. Unha hora máis tarde será a quenda do grupo Rocking Girls, mentres que a partir da 01.00 horas a música continuará coa sesión de peche da propia EME Music.

Disfraces, ambiente festivo e ganas de pasalo ben volverán ser os ingredientes principais dunha cita que cada ano congrega a veciñanza e visitantes nunha noite marcada pola diversión e a convivencia.

A presentación da actividade contou coa presenza da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e do concelleiro de Mocidade Eloy Sobrido, quen animaron á cidadanía a participar nun evento que forma parte das tradicións máis arraigadas da vila.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal convídase a todas as persoas a sumarse a esta celebración, que converterá novamente o centro urbano nun espazo de encontro aberto a públicos de todas as idades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.