Os viños das IXPs da Coruña danse cita en Boiro nos Encontros en Lab Barbanza – Experiencias BoViño

10 Xuño 2026

O Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro acolle o vindeiro luns 15 de xuño o evento Encontros en Lab Barbanza / Experiencias BoViño. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación do evento xunto co seu promotor, Suso Santamaría, e outros participantes.

Trátase dun encontro de profesionais da hostalaría e o turismo que xira en torno ao viño de quilómetro cero e ás IXP da Coruña: Terras de Barbanza e Iria e Terra de Betanzos. “Estamos ante unha xornada de promoción dos nosos viños de cara á hostalaría na que hai anotadas mais de 80 empresas do sector e na que van participar 10 adegas que presentarán 23 proxectos que se van poder catar”, afirmou Suso Santamaría.

A cita estará moderada e dirixida polo presidente da Asociación de Sumillieres Galegos (AGASU), Juanjo Figueroa Treus, e contará ca presentación das adegas e cata de viños así como por varios relatorios e un networking final e maridaxe con produtos gastronómicos de proximidade.

A xornada comezará co relatorio Do mar á terra e da terra á mesa: innovación biotecnolóxica para a viticultura impartido por Elena Fontán, de Orixe Salgada; e tamén Como e por que potenciar, apoiar e comercializar o viño km0 de Fernando Mayoral, Mellor Sumillier de España 2024.

Cada adega disporá de 15 a 20 minutos para presentar a súa historia, filosofía e viños en formato storytelling e farase tamén a cata dos seus viños. Para finalizar haberá unha degustación conxunta de todos os viños participantes maridados con elaboracións baseadas en produtos emblemáticos da ría como o mexillón, xouba e outros produtos do mar e da terra presentados en diferentes propostas.

A actividade está promovida por A Pousada Producións e conta co financiamento da Deputación da Coruña. O alcalde, josé Ramón Romero, agradeceu o “gran traballo que se está a realizar arredor dos viños da IXP Terras de Barbanza e Iria que aínda son descoñecidos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.