A cooperativa gráfica Sacauntos oficializa o seu modelo de emisións cero co selo do Ministerio tras reforestar o Barbanza

10 Xuño 2026

Sacauntos Sociedade Cooperativa Galega, con sede en Santiago, deu un paso definitivo na súa estratexia de sustentabilidade industrial. A Oficina Española de Cambio Climático (OECC), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), vén de emitir a resolución oficial pola que se inscribe a compensación da pegada de carbono da organización correspondente ao ano 2023.

Cun sector industrial e gráfico historicamente ligado a un forte impacto ambiental, Sacauntos quixo demostrar que a “economía social e circular non só é viábel, senón plenamente competitiva”. Esta certificación oficial ratifica o éxito do Proxecto Leiro, unha iniciativa de rexeneración patrimonial e ecolóxica deseñada especificamente para absorber e compensar de xeito directo e sobre o terreo as emisións derivadas da actividade da cooperativa.

Mans na terra: carballos para protexer un petróglifo

A diferenza doutros modelos de compensación baseados na compra de créditos abstractos, o Proxecto Leiro destaca, en palabras de Sacauntos, “polo seu impacto local e comunitario”. En colaboración directa coa Comunidade de Montes de Leiro de Rianxo (que traballan co Laboratorio Ecosocial do Barbanza e a Plataforma pola Defensa do Monte), o proxecto céntrase na recuperación ambiental na contorna do Petróglifo do Foxo Vello. Este xacemento, un dos tesouros de arte rupestre máis senlleiros da parroquia de Leiro que conta con gravados inscritos de círculos concéntricos e cazoletas datados na Idade do Bronce, atopábase en serio perigo de deterioración.

Tras un intenso ano de traballo no que se retiraron os eucaliptos e un importante volume de especies invasoras, Sacauntos promoveu unha xornada de voluntariado ambiental para controlar a aparición de gromos de invasoras e plantar carballos, transformando un espazo degradado nun bosque autóctono que protexe o patrimonio arqueolóxico galego.

Esta acción non a fixeron sós. Sacauntos logrou artellar unha alianza sen precedentes que uniu a boa parte do tecido cultural e editorial do país. A xornada contou co apoio e a participación activa de entidades como a Fundación Montescola, Edicións Positivas, Chan da Pólvora, Rodolfo e Priscila, a Librería Aira das Letras, Boadicea editora, Rinoceronte editora, a Fundación Rosalía de Castro (Casa Rosalía) e a Fundación Vicente Risco.

“Para nós, a sustentabilidade non é unha declaración de intencións; está no noso ADN cooperativo”, afirman desde o equipo de Sacauntos. “Esta resolución do Ministerio demostra que unha cooperativa gráfica pode estar na vangarda climática asumindo a responsabilidade real do seu impacto. E facelo, ademais, unindo ás editoras, librarías e fundacións do país para plantar carballos sobre un petróglifo, demostra o poder transformador da cultura e a economía social”.

Sobre Sacauntos S. Coop. Galega: Sacauntos é unha cooperativa gráfica e editorial galega que naceu co obxectivo de transformar o sector cultural e industrial desde os principios da xestión democrática e o coidado ambiental. Como mecenas de institucións clave como a Fundación Rosalía de Castro e a Fundación Vicente Risco, Sacauntos estende o seu compromiso verde cara ao coidado e custodia do patrimonio cultural de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.