En Ribeira, avanza a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas

10 Xuño 2026

O Concello de Ribeira avanza na remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e na accesibilidade á praia de Coroso dentro do seu Plan de
Sustentabilidade Turística en Destino. Esta actuación busca articular a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais, incrementar a permeabilidade cara o mar, así como acadar unha maior e mellor integración ambiental e paisaxística, segundo fixo saber o Concello.

Para tal fin, estase construíndo unha rampla accesíbel para a praia, a creación dunha nova zona deportiva (formada por unha pista e unha área de calistenia), a substitución das varandas actuais por bancos continuos de pedra que permitan unha maior integración co entorno e a formación de novas zonas verdes.

As obras son executadas pola empresa Transmaser Excavaciones, S.L. por un investimento de 155.791,90 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.