Este vindeiro domingo, 21 de setembro, o voluntariado ambiental galego ten unha cita cos ríos do país. A XVIII Limpeza Simultánea de Ríos, impulsada pola organización ecoloxista ADEGA a través do seu Proxecto Ríos, celebrarase nesta edición nun total de 51 concellos...
Outes inicia o curso cunha ducia de escolas deportivas
O Concello de Outes compartiu o calendario das escolas deportivas locais, organizadas en colaboración coas diferentes entidades deportivas municipais e dirixidas a incrementar a calidade de vida, a saúde e a autonomía da veciñanza. A axenda inclúe escolas de atletismo...
Accidente cunha persoa ferida en Fafián, Ribeira
O Parque de Bombeiros (Consorcio Provincial) e e Protección Civil de Ribeira interviron a primeira hora deste mércores 17 de setembro nun accidente na estrada do núcleo de Fafián, en Santa Uxía: un sinistro con feridos e cun vehículo particular que envorcou e quedou...
Volven ás parroquias de Dodro os obradoiros de envellecemento activo
O Concello de Dodro informou do regreso, co inicio do novo curso, do programa local de obradoiros de envellecemento activo, dirixidos ás persoas maiores do concello co obxectivo de incrementar a súa autonomía, a súa calidade de vida e a súa saúde. Levaranse a cabo en...
Mércores 17, xornada con máis sol e temperaturas en ascenso
Galicia afronta este martes unha nova xornada marcada polo dominio das altas presións, o que traerá tempo estable en practicamente todo o territorio. Durante as primeiras horas do día rexistraranse néboas nas comarcas do interior e nubes baixas no litoral noroeste....
Teresa Villaverde presenta a súa renuncia ao cargo de alcaldesa do Concello de Lousame por motivos persoais
O pleno municipal de Lousame, reunido na tarde deste martes 16 de setembro en sesión extraordinaria e urxente, tomou coñecemento do escrito de renuncia ao cargo de alcaldesa presentado por Teresa Villaverde Pais, despois de 14 anos á fronte da Corporación municipal e...
A Pobra reivindica o seu pasado cunha nova edición das xornadas “A Pobra do Caramiñal no tempo”
O Concello da Pobra do Caramiñal rescatará, un ano máis, unha parte do seu patrimonio inmaterial: a súa memoria como pobo. Farao coa celebración das súas Xornadas de Divulgación sobre a Historia e a Cultura Pobrense A Pobra do Caramiñal no tempo. A actividade...
Operativo no Mercado de Ribeira un contedor intelixente refrixerado para os pedidos por teléfono
O Mercado Municipal de Ribeira xa ten operativo o servizo do contedor intelixente refrixerado (Smart Locker) que está instalado no vestíbulo da porta principal do inmóbel. Coa intención de dar a coñecer á veciñanza a operatividade deste contedor, desprazouse este...
Belén do Campo reivindica o Outono Gastronómico Turismo Rural 2025 dende a Casa do Zuleiro e a Casa de Perfeuto María, en Outes
A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou este martes 16 de setembro as Casas rurais do Zuleiro e de Perfeuto María, establecementos participantes no programa Outono Gastronómico en Turismo Rural 2025, do que se poden beneficiar os viaxeiros desde o 19 de setembro...
Arrincan os Obradoiros da Memoria de Lousame, unha iniciativa gratuíta do Concello dirixida a persoas maiores de 60 anos
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, asistiu na mañá deste 16 de setembro ao inicio da edición número 22 dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades...
Rosana Pérez (BNG) reclama á Xunta que axilice medidas para evitar consecuencias dos lumes nas rías galegas
A portavoz de Mar do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, pediu este martes 16 de setembro á Xunta que abandone, nas súas palabras, "a propaganda e actúe con urxencia para evitar consecuencias dos lumes nas rías galegas e nos bancos marisqueiros, especialmente...
O Concello de Muros realizou traballos de mantemento, limpeza e acondicionamento nos tres colexios durante o verán
O Concello de Muros realizou durante os meses de verán diferentes traballos de mantemento e acondicionamento dos tres centros de Educación Infantil e Primaria. “O ensino público é unha prioridade para o Goberno local, por iso atendemos dentro das nosas competencias as...
A Biblioteca Municipal de Ribeira rende homenaxe ao escritor e ilustrador Carlos Taboada
A Biblioteca Municipal de Ribeira comezou o curso cunha homenaxe ao escritor e ilustrador recentemente falecido Carlos Taboada (1979-2025), que ten colaborado coa Biblioteca de Santa Uxía en distintas actividades de contacontos xunto cos demais integrantes do...
A Secretaría da Lingua impartirá cursos de galego para estranxeiros en Boiro, A Pobra e Ribeira
A Xunta, a través da Secretaría Xeral da Lingua, ofrece cursos de lingua e cultura galegas as persoas non nadas en Galicia “co obxecto de que, ao remate do ano, sexan máis dun cento os impartidos e uns 1.500 os participantes nestas clases”. Así o deu a coñecer o...
A Biblioteca de Dodro celebra a chegada de outubro con tres actividades para a rapazada
O Concello de Dodro, a través da Biblioteca Municipal, vai comezar outubro con actividades de lecer para público infantil e familiar coas que afrontar, con cultura e creatividade, o remate definitivo do verán. As sesións, encadradas no programa Outubro na Biblioteca,...
O arquitecto David Chipperfield ingresa como académico da Real Academia Galega de Ciencias
Chipperfield fotografado por Adrián Capelo Cruz O arquitecto británico David A. Chipperfield (Londres, 1953), unha das figuras máis senlleiras e prestixiosas da arquitectura contemporánea cunha ligazón moi forte con Galicia dende hai 30 anos e coa súa residencia de...
Avelino González leva a Dodro, este sábado 20, o seu espectáculo “Chistes que foron contos”
Esta vindeira fin de semana temos unha cita en Dodro co contador e actor Avelino González, que vén co espectáculo Chistes que foron contos. A cita será este 20 de setembro ás 17.00 horas no Pavillón de Deportes. Trátase dunha actuación pertencente ao Programa Rede...
Conta atrás para o inicio das Festas do Nazareno, este 19 de setembro
O Nazareno, Festa de Interese Turístico de Galicia, preséntase novamente como a gran despedida do verán en Barbanza. A cita, unha das "insignias" do municipio da Pobra do Caramiñal, celebrarase do 19 e o 22 de setembro, ofrecendo ao público asistente música,...
O 29 de setembro arrincan as Escolas Deportivas en Porto do Son
Xa temos na Rede a relación de actividades deste curso que vén de comezar relativa ás Escolas Deportivas de Porto do Son, que arrincan oficialmente o vindeiro 29 de setembro e que abren o prazo de inscrición ese mesmo día (presentando ao monitorado as follas de...
Este mércores abre o prazo de inscricións da Ludoteca Municipal de Porto do Son
O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (este mércores 17 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 29 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...
Os axentes sorprenden en Noia unha condutora durmindo ao volante e duplicando a taxa legal de alcol en sangue
Na quenda de mañá do sábado día 14 de setembro, axentes da Policía Local de Noia sorprenderon a unha condutora que se atopaba durmindo aos mandos do volante do seu vehículo. Os axentes informaron que logo de facer as comprobacións oportunas, apreciáronse na condutora...
Boiro achega esta fin de semana tres novas xornadas de danza
Quen queira danza, vaina desfrutar a tope esta fin de semana en Boiro, grazas ao programa Mes da Danza, que ofrece tres novas xornadas temáticas o venres 19, o sábado 20 e o domingo 21. Actuarán grupos locais e compañías profesionais. A axenda incluíu xa as actuacións...
O prazo para presentar candidaturas ao Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, XXXVIII edición, estará aberto até o 20 de outubro
O Concello de Dodro publicou no BOP do mércores 27 de agosto as bases e a convocatoria da XXXVIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, prestixioso certame local que honra a figura de Eusebio Lorenzo Baleirón. O Concello confirmou que o prazo de...
Martes 16, máis sol e ascenso das temperaturas máximas
Galicia volverá este martes, Santa Eufemia, á influencia das altas presións, o que deixará unha xornada de tempo máis estable. As primeiras horas estarán marcadas pola presenza de néboas en comarcas do interior, que irán desaparecendo co avance da mañá. A...
O alixo de cocaína na Pobra supera os 3.500 quilos, trasladados a Galicia nun narcosubmarino
O alixo de cocaína na Pobra do Caramiñal supera as 3,5 toneladas tras un novo achado da Policía Local TVG O operativo contra o narcotráfico desenvolvido este fin de semana en A Pobra do Caramiñal deixou xa un balance de máis de 3.500 quilos de cocaína incautados. O...
Recibidas dez ofertas para executar a conversión en autovía de 4,9 km da VAP Brión-Noia
A Xunta de Galicia recibiu un total de dez ofertas para a execución das obras de conversión en autovía de 4,9 quilómetros da vía de altas prestacións (VAP) Brión-Noia, no tramo que discorre polos concellos de Brión e Rois. Do total de propostas presentadas, seis son...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Miña dorniña dorna, miña dorna de vela”. Antón Luaces
Disque procede da Alta Idade Media e que a súa estampa está moi influenciada polas embarcacións de construción nórdica (viquingas, en concreto). A dorna, á que sempre se tributou agradecemento nas Rías Baixas porque quitou moita fame á poboación...
“Os tripulantes dos barcos de NAFO non teñen libre dispoñibilidade” – Antón Luaces
Os barcos que faenan en caladoiros de NAFO vense obrigados desde hoxe a permanecer á capa ata o luns se chegan a porto en fin de semana. Tamén deben agardar ao primeiro día hábil seguinte a festivo, no caso de que a chegada do pesqueiro a porto cadre cun día inhábil....
“Incompetentes desgraciados, inútiles inservibles, o servibles a la oligarquía”. Manuel Dominguez
Muchos jiennenses han recibido estos días un mensaje por Whatsapp alertando de que “se van a expropiar 100.000 olivos centenarios en Lopera (Jaén) para instalar plantas solares”. Se refiere a siete parques que Greenalia impulsa en tres pueblos de Jaén (Marmolejo,...
“Polo futuro do Museo Carlos Maside”. Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza
Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMHB)queremos expresar a nosa profunda preocupación pola situación de abandonoinstitucional que sofre o Museo Carlos Maside, símbolo da memoria cultural edemocrática de Galicia. Resulta...
“Á sombra da sobreira”. Luís Celeiro
Aquela árbore de diante da casa é unha sobreira, unha corticeira ou un corticeiro de moitosanos, as súas follas co bordo espiñento son perennes e a casca do seu curto tronco é acortiza, moi demandada para a industria das rollas, tan apropiadas para tapar as botellas...



























