Conta atrás para o inicio das Festas do Nazareno, este 19 de setembro

16 Setembro 2025

O Nazareno, Festa de Interese Turístico de Galicia, preséntase novamente como a gran despedida do verán en Barbanza. A cita, unha das “insignias” do municipio da Pobra do Caramiñal, celebrarase do 19 e o 22 de setembro, ofrecendo ao público asistente música, actividades infantís, unha festa holi, a tradicional Procesión Votiva das Mortallas e un grande espectáculo de fogos artificiais e acuáticos con drons.

A programación arrincará o venres, 19 de setembro, coa música como gran protagonista. Ese día, ás 12.00 horas, terá lugar o lanzamento das bombas de palenque que anunciarán o comezo do evento. O arranque virá ao son do Grupo de Gaitas Xiada e da Banda de Música Municipal de Redondela. Estes últimos darán, así mesmo, dous concertos no xardín ás 13.00 e ás 20.00 horas. Ás 21.15 horas terá lugar o pregón oficial desde o balcón da Casa do Concello que, nesta ocasión, correrá a cargo da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

Ás 22.00 horas a música continuará da man das Cantareiras Arrincadeira e da A. C. Eiradela. Así mesmo, está prevista unha actuación de Monoulious DOP, un grupo noiés que suma xa unha década e media de traxectoria, e que subiron, ao longo do 2025, a multitude de escenarios de toda a xeografía galega. A xornada inaugural pecharase coa sesión de disco móbil de Disketoca.

Segundo día

O sábado, 20 de setembro, o comezo do Nazareno será ás 10.00 horas cunha ruada marcado pola Banda de Música Unión Musical de Meaño, a Banda de Gaitas de Forcarei e o Grupo de Gaitas Xiada e O Son do Pote. Estas agrupacións farán varias actuacións ao longo do día e, ás 22.30 horas, está prevista unha gran verbena a cargo de América e G Face (Gabriel Fandiño), que aterrará na Pobra para presentar Luna o seu último traballo. A noite pecharase coa sesión disco de Juanma López DJ.

Prato forte do Nazareno

O domingo, día 21, será un dos pratos fortes do Nazareno. Ese día, ás 10.00 horas, a Banda de Música Escola Naval Militar de Marín, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, a Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña e o Grupo de Gaitas Xiada e O Son do Pote farán a súa entrada na vila. Ás 10.30 horas terá lugar a solemne e tradicional Procesión Votiva das Mortallas. Ás 13.00 horas a música continuará cos concertos no xardín, na praza da Maura e García Martí, e ás 18.30 horas haberá un pasacalles do Grupo de Gaitas O Son do Pote. A Banda de Música Ateneo Musical da Pobra tomará a remuda, ás 20.00 horas, cunha actuación no xardín e, ás 21.00 horas, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos fará o propio na praza Alcalde Segundo Durán. O día pecharase coa actuación da orquestra Panorama (23.00 horas).

Xornada de peche

O programa pecharase o luns, día 22 de setembro, con pasacalles da Banda de Música de Moimenta, da Banda de Gaitas Os Chaneiros e da Banda de Gaitas Xiada e O Pote (10.30 horas). Así mesmo, os máis pequenos e pequenas poderán gozar dunha festa infantil (12.00 horas) e doutra holi, na que A Covecha se encherá de cor (16.30 horas). A música continuará a partir das 19.00 horas cun concerto da Banda de Música de Moimenta e, a partir das 21.00 horas, coa orquestra Combo Dominicano.

O peche do Nazareno chegará cun grande espectáculo de drons coordinado con fogos artificiais (00.15 horas).

Presentación da axenda das Festas do Nazareno celebrada ao remate do mes de agosto

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.