“Os tripulantes dos barcos de NAFO non teñen libre dispoñibilidade” – Antón Luaces

20 Xullo 2025

Os barcos que faenan en caladoiros de NAFO vense obrigados desde hoxe a permanecer á capa ata o luns se chegan a porto en fin de semana. Tamén deben agardar ao primeiro día hábil seguinte a festivo, no caso de que a chegada do pesqueiro a porto cadre cun día inhábil. É a resposta máis axeitada que da a Administración a un conflito laboral no que está en xogo a especial dispoñibilidade que tiñan ata o de agora os funcionarios de servizo na inspección de pesca marítima. É, asimesmo, a resposta que da a Administración á tan reclamada remuda xeracional na que os armadores cifran a posibilidade de recuperar a capacidade pesqueira das unidades de pesca.

Un conflito laboral no servizo de inspección pesqueira que xera un grave problema nun sector sumamente necesitado de atención. Por unha banda, para os inspectores de pesca, aos que se lles priva de parte dun salario que a outros se lle mantén, e pola outra aos tripulantes da frota de NAFO que, após tres meses continuados de marea, teñen que facer cadrar a súa chegada ao porto base con día non festivo ou fin de semana.

Os inspectores pesqueiros deben ter razóns abondo para protestar pola retirada da paga de especial dispoñíbilidade, mais que teñan que ser os tripulantes dos pesqueiros os que paguen as consecuencias das desavinzas entre funcionarios e administración, semella un caso inxustificado, cando menos.

Axustar os intereses laborais duns ás condicións de vida dos que están no mar e, polo medio, as familias destes non é outra cousa ca un despropósito ao que alguén debe por remedio canto antes.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.