Arrincan os Obradoiros da Memoria de Lousame, unha iniciativa gratuíta do Concello dirixida a persoas maiores de 60 anos

16 Setembro 2025

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, asistiu na mañá deste 16 de setembro ao inicio da edición número 22 dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades que buscan manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Uns cursos que reúnen este ano a un total de 63 persoas, se ben a inscrición está aberta durante todo o ano.

Un punto sobre o que incidiu especialmente Villaverde País durante a súa visita aos Obradoiros da Memoria do Sanguiñal (Tállara) e Aldegrande. “Boto en falta moita xente nestes cursos e hai que animala a que se apunte e veña porque non podemos agardar a perder a memoria para vir a estas actividades”, explicou Teresa Villaverde, quen fixo fincapé na utilidade dos exercicios e dinámicas que se traballan nas clases para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe.

Os Obradoiros da Memoria impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (dúas sesións de 09:30 horas e 10:30 horas) e Aldeagrande (12:00 horas), os mércores no local social de Cruído (10:00 horas) e os xoves nos locais sociais de Vilacoba (10:00 horas) e da Escabia (11:30 horas). As sesións teñen unha duración dunha hora as inscricións son totalmente de balde e poden facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385..

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.