O prazo para presentar candidaturas ao Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, XXXVIII edición, estará aberto até o 20 de outubro

15 Setembro 2025

O Concello de Dodro publicou no BOP do mércores 27 de agosto as bases e a convocatoria da XXXVIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, prestixioso certame local que honra a figura de Eusebio Lorenzo Baleirón.

O Concello confirmou que o prazo de presentación de traballos está xa aberto e rematará o día 20 de outubro de 2025.

As bases e a convocatoria poden consultarse en bop.dacoruna.gal.

A resolución do xurado celebrarase nunha sesión en novembro, na Casa da Cultura de Dodro.

A entrega do Premio realizarase no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón o 13 de decembro de 2025.

Poderán concorrer a este certame todas as persoas maiores de 18 anos que así o desexen, sempre que non foran premiadas nalgunha das cinco edicións anteriores do premio.

O XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ten unha dotación económica de dous mil cincocentos euros (2.500,00 €). Ademais, a obra galardoada será publicada, co auspicio do Concello de Dodro, dentro do ano seguinte ao do ditame do premio, nunha editorial de recoñecido prestixio.

As obras que se presenten á nova edición do certame deberán reunir os seguintes requisitos: deberán ser obras de poesía escritas en lingua galega, de xeito íntegro ou principal; terán que ser traballos orixinais, inéditos na súa totalidade, non premiados noutros certames e que carezan de compromisos de publicación con algunha editorial; ademais as persoas participantes terán a obriga de comunicar ao Concello de Dodro a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada. A maiores, os poemarios serán de tema e forma libres e terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800.

Lembrar que o premio da anterior edición, a XXXVII, foi dar a Miguel Cavadas pola obra Himno Nacional.

Este importante galardón das nosas letras honra a memoria do poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, autor dos poemarios Os días olvidados e O corpo e as sombras, ademais de ensaios e o libro de narrativa xuvenil O libro das viaxes e dos soños. Baleirón morreu de xeito prematuro en 1986, aos 24 anos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.