Outes inicia o curso cunha ducia de escolas deportivas

17 Setembro 2025

O Concello de Outes compartiu o calendario das escolas deportivas locais, organizadas en colaboración coas diferentes entidades deportivas municipais e dirixidas a incrementar a calidade de vida, a saúde e a autonomía da veciñanza. A axenda inclúe escolas de atletismo (da man do Club de Atletismo de Outes, no Pavillón Municipal do Conchido, os luns e xoves pola tarde), de baloncesto (impartida polo Club Baloncesto Outes, no Pavillón do Conchido, os martes, xoves e venres), de bádminton (da man da Agrupación Xogando, no Conchido os luns e mércores), de fútbol (da man do Club Outes Fútbol, no Conchido de luns a venres), de futbolín (da man do Club Futbolín Riola, nos pavillóns da Serra e Roo), de triatlón (da man da Escola Triatlón Outes na piscina e instalacións de Pontenafonso, de martes a sábado), de piragüismo (da man da Escola Piragüismo e Triatlón Outes, nas instalacións de Pontenafonso), de tenis (da man do Club de Tenis Porto Siavo, no Conchido os martes e xoves), de tenis de mesa (da man do Concello de Outes no Conchido, os martes e os xoves) e de deportes de raqueta (impartido polo Concello de Outes, no Conchido, os martes e xoves).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.