A Biblioteca de Dodro celebra a chegada de outubro con tres actividades para a rapazada

16 Setembro 2025

O Concello de Dodro, a través da Biblioteca Municipal, vai comezar outubro con actividades de lecer para público infantil e familiar coas que afrontar, con cultura e creatividade, o remate definitivo do verán.

As sesións, encadradas no programa Outubro na Biblioteca, comezan o 10 de outubro cun obradoiro de escultura en papel con pedras de papel, para nenas e nenos de máis de seis anos. Convócase baixo o epígrafe Bestiario animal.

O 24 de outubro será a quenda do espectáculo de narración oral E a ti que che contaban?, da narradora e contadora Verol Rinlo. Será unha actividade para crianzas de máis de tres anos convocada con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas.

O 31 de outubro haberá máis narración oral e música na Biblioteca Municipal de Dodro, da man de A Xanela do Maxín. Trátase do espectáculo Supercoroza na eira e na lareira, encadrado na Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña.

As prazas son limitadas e cómpre inscribirse no 981 802 472.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.