Boiro achega esta fin de semana tres novas xornadas de danza

16 Setembro 2025

Quen queira danza, vaina desfrutar a tope esta fin de semana en Boiro, grazas ao programa Mes da Danza, que ofrece tres novas xornadas temáticas o venres 19, o sábado 20 e o domingo 21. Actuarán grupos locais e compañías profesionais.

A axenda incluíu xa as actuacións da escola de ballet Cen Pliés no Pazo de Goiáns (o pasado venres 5 de setembro), o Encontro Tradicional de San Roque organizado por Abeloura en San Roque (Cespón) o sábado 6, a actuación do Ballet Folclórico Galego o domingo 7, e máis actuacións de Xilbarbeira e Abeloura en Goiáns, o domingo 14.

O venres 19 ás 20.30 horas tamén no Pazo de Goiáns terá lugar a actuación de Aroña xunto co Grup Folkcloric Tramuntana, de Menorca; o sábado 20 á mesma hora será Fran Sieira con Ceibe e o domingo 21 ás 19.00 horas actuación do grupo de ballet de Aroña.

O mes da danza 2025 do Concello de Boiro remata o sábado 27 de setembro co serán das Angustias. As actuacións do mes da danza contarán cunha entrada solidaria de 3 euros que serán doados a distintas entidades e asociacións do ámbito social.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.