Rosana Pérez (BNG) reclama á Xunta que axilice medidas para evitar consecuencias dos lumes nas rías galegas

16 Setembro 2025

A portavoz de Mar do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, pediu este martes 16 de setembro á Xunta que abandone, nas súas palabras, “a propaganda e actúe con urxencia para evitar consecuencias dos lumes nas rías galegas e nos bancos marisqueiros, especialmente nas zonas costeiras afectadas polos incendios deste verán”.

Uns lumes nos que, segundo denunciou a parlamentaria da Pobra do Caramiñal, “mentres o sistema Copernicus rexistrou máis de 143.000 hectáreas arrasadas,  o PP reduciu a 120.000”.

Durante a súa intervención na Comisión 8ª, detallou que zonas como Ponteceso, Camariñas, Porto do Son, Muxía ou Oia sufriron incendios próximos á costa -malia a que “nesa xestión brillante e transparente que leva a cabo a Consellería do Medio Rural só comunica os incendios que superan as 20 hectáreas”, ironizou, puntualizando que non se comunicaron, deste xeito, máis de 600 incendios no mes de agosto.

“E todos eses casos, é imprescindíbel actuar con rapidez no monte para evitar unha maior afectación ao medio mariño.”, apremiou Pérez.

A nacionalista advertiu que os riscos non remataron cos lumes, e puxo como exemplo recente o incendio en Barreiros, “no que cinco brigadistas resultaron gravemente feridos”, dixo, subliñando tamén os perigos derivados das escorrentías e arrastres de cinzas e madeira que poden contaminar os ríos e, por extensión, as rías. “Non sería a primeira vez que pasa”, lembrou, citando como precedente os incendios de 2022 no Barbanza.

A pesar de que a Xunta anunciou medidas e mesmo a actuación de Augas de Galicia, a deputada nacionalista sinalou que “a realidade é que faltan medios, non se executaron máis de 3 M€ en prevención, faltou persoal, houbo motobombas paradas, e as axudas de 5,4M€ ás comunidades de montes non se concederon a tempo”. 

Criticou así mesmo e despois de escoitar o presidente da Xunta na súa comparecencia do  pasado pleno, que o Goberno galego insista “en manter a mesma política forestal e de abandono do rural, sen introducir cambios de fondo, limitándose a anunciar a petición dunha base permanente da UME”, proposta xa rexeitada no pasado polo goberno de Mariano Rajoy. 

“”Como o PP non vai rectificar en nada, porque o fixeron todo ben”—ironizou—- tampouco podemos agardar que vaian desenvolver medidas para enfrontar e para paliar as consecuencias deses incendios” que, en moitos casos perdurarán durante anos.

Por todo isto, desde o BNG esixen á Xunta que “deixe de lado a propaganda e actúe con responsabilidade, avaliando con rigor a afectación dos solos queimados nas zonas costeiras e despregando todos os medios técnicos e humanos necesarios para evitar a contaminación das rías e protexer os bancos marisqueiros”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...