A Biblioteca Municipal de Ribeira rende homenaxe ao escritor e ilustrador Carlos Taboada

16 Setembro 2025

A Biblioteca Municipal de Ribeira comezou o curso cunha homenaxe ao escritor e ilustrador recentemente falecido Carlos Taboada (1979-2025), que ten colaborado coa Biblioteca de Santa Uxía en distintas actividades de contacontos xunto cos demais integrantes do colectivo Polo Correo do Vento. “Facémolo”, explicaron o bibliotecario Juan Callón e a concelleira Cruz Rivadulla, “seguindo o ronsel da Biblioteca Pública Municipal de Santiago Ánxel Casal, expoñendo os libros da nosa sala infantil da autoría dese grupo dedicado a publicacións e actividades de promoción da lectura para o público máis novo, e tamén as tres últimas ilustracións que nos deixou como agasallo”.

Carlos Taboada (Pontevedra, 1979-2025) foi ilustrador, publicista e escritor. En 2008 fundou xunto a Enrique Mauricio o colectivo de actividades creativas Polo Correo do Vento, que levou a cabo numerosos traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e diversas publicacións infantís. Dedicouse á realización de actividades de animación á lectura, obradoiros de ilustración e á creación de historias. A biblioteca de Pedrarcana (Xerais, 2018) foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Con O caderno de Roque (Xerais, 2024) volve quedar finalista deste premio.

Carlos faleceu de morte repentina o 13 de agosto de 2025 con 45 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.