“Á sombra da sobreira”. Luís Celeiro

19 Xullo 2025

Aquela árbore de diante da casa é unha sobreira, unha corticeira ou un corticeiro de moitos
anos, as súas follas co bordo espiñento son perennes e a casca do seu curto tronco é a
cortiza, moi demandada para a industria das rollas, tan apropiadas para tapar as botellas e
os garrafóns de viño ou de augardente. A madeira da sobreira é dura como unha costa
arriba. Os labregos das tribos rurais de Galicia usábana para facer os mangos das aixadas
cavadoras. Pero, agora, a maioría dos lectores deste xornal, afortunadamente, non saben o
que é cavar.
En cada lugar, en cada tribo e en cada pobo, convivían o máis tolo e o máis listo, dous
personaxes aos que nunca vías coa aixada na man. “Iso de rebentar as mans co mango da
ferramenta é cousa doutros, dos que saben, dos que aterran nunha realidade inexistente”,
dicía un deles, mentres o outro aseveraba que a falta de coñecemento era a desgracia que
obriga aos paisanos a traballar, se é necesario, sen descanso.
Andan uns criticando aos outros e todos deberían saber que os defectos de cada un non
diminúen, nin acortan os defectos dos que andan ao seu carón. Moitos acórdanse do
pasado, daqueles tempos nos que só había un tolo en cada pobo. Ou un só listo, que máis
dá! Tamén hai quen aspira a ser o líder do seu pobo e hai quen entende que, como dicía
Nelson Mandela, “un líder é coma un pastor de ovellas que permite ás máis listas (se é que
as hai) que abran camiño e vaian diante, mentres o rabaño as segue, sen decatarse de que
en realidade o guía está detrás”.
Aquí, cabe unha pregunta, ou dúas: -As mans que rebentaron agarrando o pau de sobreira,
eran do tolo ou do listo? E, -quen vai detrás do rabaño? O líder, ao parecer, busca a aqueles
que pensan como el, aínda que o indicado sería buscar aos que sinxelamente pensan. Se
fose posible, debería buscar, como dicía Aristóteles, “aos que pensan como pensa a xente
sabia, e falan como fala a xente sinxela”.
Todo debería encamiñarse cara aquela expresión de don Miguel de Unamuno, “hai que
sentir o pensamento e pensar o sentimento”. A Tía Manuela di que se pode e se debe
“integrar activamente a acción de pensar e sentir” e así conxugar, aínda que sexa á sombra
da sobreira, a razón e a paixón, para darlles emoción e vida ás ideas.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.