Crónicas ribeirenses:”Pioneiros dos anos 50: da lixivia ao “biscúter” pasando pola bicicleta a motor” – Antón Luaces

18 Setembro 2026

Pascual Vidal era veterinario -coido que o único de Ribeira- coñecido en toda a contorna. Residía coa súa familia (se mal non lembro dona e dous fillos) na praza de Pontevedra, esta lugar de xogos da rapazada dos anos 50 do século pasado sen máis atractivo ca unha farola ben potente que alumaba abondosamente aos que, daquela, xogabamos aos “Tres marinos a la mar”, ao “burro”, ao pión ou ao “tres pés, quietos”, amais obviamente ao fútbol co cabreo permanente do zapateiro con obradoiro situado na parte  de enriba da praza e o marmorista que ocupaba o baixo do edificio coñecido como “a casa das meigas”, sinistra casa de pedra na que o único síntoma de vida era a estadía circunstancial de marmorista que guindaba recortes de mármore contra a chavalería que consumía enerxía na praza. 

Unha das peculiaridades do veterinario don Pascual Vidal era a súa afabilidade: amable, dilixente, cumpridor no seu labor profesional que o levaba a tódolos currunchos do concello ribeirense e coido que máis aló sempre a bordo do seu inefable biscúter, un mini-coche no que o condutor non precisaba de permiso de conducir, de moi escaso peso e que se podía empurrar doadamente, motivo polo que non precisaba de marcha atrás. 

De orixe francesa, o biscúer tamén se fabricou en España por Autonacional, S.A., e o de don Pascual foi dos coches máis coñecidos de toda a comarca. E o seu propietario, un pioneiro da marca no Barbanza. O biscúter tiña un motor dun cilindro e a súa potencia podía acadar ata 9 cabalos de forza. Grazas a elo era quen de chegar a unha velocidade de 75 quilómetros por hora.

A carrocería estaba fabricada en aluminio e fibra de vidro. Carecía de xanelas e era tan baixo que foi coñecido popularmente como “a sapatilla”.

Outro pioneiro, este dos ciclomotores, foi un dos fillos da familia Cadenas, con pazo familiar na estrada de Martín. O seu era un ciclomotor: bicicleta cun motor que se acoplaba á roda dianteira e, por frotación, puña en marcha ese motor que evitaba o pedaleo. Coido que foi o único ciclomotor que, nos anos 50, circulaba polas estradas de Ribeira e, probablemente, do Barbanza.

Outro pioneiro -este en Castiñeiras- foi o pequeno industrial que elaboraba e distribuía a lixivia “A Carrula”, que transportaba para o reparto nunha “camioneta” que, a escasa velocidade, circulaba por Bandaurrío, O Touro, Castiñeiras case sempre con media ducia de rapaces colgados das súas balderas, realizando asimesmo o reparto da lixivia pola comarca barbanzá.

Eran os inefables anos 50, cando o aceite que se puña á venda era extraído cunha bomba de manivela do bidón que o contiña. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.