“Unha PPC adaptada á realidade de Galicia para asuntos comunitarios”. Antón Luaces

17 Setembro 2026

O Consello Consultivo de Política Pesqueira celebrado onte en Madrid coa participación no mesmo da conselleira do Mar da Xunta Marta Villaverde, esta trasladou ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, a posición da Comunidade Galega  sobre o futuro da Política Pesqueira Común (PPC) e reclamou unha participación máis efectiva das comunidades autónomas na definición da posición que España defenderá no Consello de Ministros  de Pesca da Unión Europea (UE).

Marta Villaverde trasladou a necesidade de dotar estes encontros doutros formatos nos que se dea un maior protagonismo aos gobernos autonómicos e sinalou que Galicia botou de menos un traballo conxunto previo máis efectivo para abordar cuestións de especial trascendencia para o futuro do sector pesqueiro.

  Neste senso, a conselleira defendeu que as comunidades autónomas, polas súas competencias e polo coñecemento directo das características dos seus sectores produtivos, deben ter unha participación activa na elaboración dunha posición común española sobre a futura PPC e o Marco Financeiro Plurianual 2028-2034. Por este motivo Galicia amosou a súa disposición a seguir traballando co Ministerio para avanzar cara a unha postura consensuada e sólida ante as negociacións europeas.

Galicia reiterou a necesidade de garantir, cando menos, 7.290 millóns de euros para pesca e acuicultura nese período e de facilitar a refinanciación dunha frota avellentada sen jncrementar a capacidade pesqueira neta. 

A conselleira formulou as principais propostas que Galicia considera prioritarias cun financiamento garantido específico, viable, plurianual e protexido para a pesca e a acuicultura e reclama que os recursos non queden diluidos entre os fondos de carácter xeral para que non poidan ser desviados cara outras políticas .

O sector pesqueiro galego precisa destas accións específicas. Nomeadamente no que está a ser un dos momentos máis graves na historia dos últimos 30 anos.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.