“Pasa en Lugo” – Xulio Xiz

17 Setembro 2026


O meu papel de comentarista é escribir un artigo semanal sobre a actualidade lucense. Nos meus tempos de informador activo, nas emisoras de radio non se podían dar noticias ou comentarios nacionais, e había que cinguirse á actualidade local, o que viña significar que o único que podíamos criticar era a actividade do concello.

Hoxe, por sorte, en Lugo e nos lucenses repercute todo o que acontece a escala nacional – Se Galicia fose unha nación independente, sería outra cousa – e repercute de tal xeito que un xa non se atreve a contemplar o que acontece en Ceuta, agardando que Goberno goberne, por se lle queda algún folgo despois do descanso para manter a dignidade fronteiriza, provocar o respecto de Marrocos, e deixar de tomarnos o pelo aos lucenses españois facéndonos crer que vivimos en democracia, en Europa, con respecto exterior.

Isto é o que percibo a diario entre os lucenses, entre os amigos e os que non o son tanto. Todos os lucenses cos que falo, non é que consideren que estamos desgobernados, senón que están convencidos de que é o mesmo o que se pense ou o que se diga, que sufrimos un eclipse político total, que estamos nun “sálvese quen poida”.

Por acción ou por omisión, Ceuta é o primeiro no que os lucenses pensamos, o mesmo que o resto dos habitantes dun país no que antes se podía respirar aire puro.

Veño de pasar unha semana en Canarias, e todos os días miraba cara ao mar por se vía algún anuncio de invasión, pero quizais sexa demasiado cedo. Quen queira pistas, busque en internet o mas inefable soneto de Celso Emilio Ferreiro.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.