“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

15 Setembro 2026
Jesús Vázquez Paz

Despedimos a Jesus Vázquez Paz, de longa e froitosa vida ao servizo da Igrexa, da Cultura e dos chairegos, que naceu no Buriz e ao Buriz volve para que repousen os seus restos mortais.

Fun amigo daquel crego/monitor do TC de Pígara, hai case 60 anos, ao tempo que souben que pertenceríamos á mesma ampla familia do Buriz.

É dificil hoxe saber o que daquela era un teleclub, e Jesús foi a alma do de Pígara, consciente de que completaba o seu labor de crego, e participou activamente na revolución cultural que os teleclubs protagonizaron.

A TV era daquela un medio de minorías, chegando a contadas casas do rural, e no rural de Lugo naceron 339 teleclubs, arredor de cadanseu televisor e foron biblioteca, centro de reunión, de organización das festas, de xuntanzas para obras; centros vivos para falar, traballar e soñar.

Jesús Vázquez Paz foi dos primeiros en entender as posibilidades dun centro así, e conseguíu para Pígara un teleclub que foi dos principais das terras de Lugo. Os teleclubs que mellor funcionaban eran os que estaban dirixidos por cregos, mestres e labregos con ánsias de progresar. Dos cregos lucenses que impulsaron teleclubs, hai que destacar a Eliseo de Marei, a Gil de Bretoña, a José de Begonte, e a Jesús de Pígara.

Cursiño de Teleclubs no Parador de Baiona nos anos 70. Jesús V.P. e o segundo pola esquerda, arriba.

Vázquez Paz foi cura de Pígara aos 23 anos, con dispensa de Roma por ser moi novo, serviu ás súas xentes durante 30 anos, puxo Pígara no mapa, e o seu Teleclub foi Premio Nal. de Desenvolvemento Comunitario. Hai seis décadas Jesús organizou ciclos culturais, cine, cursos de formación, e fixo de Pígara un foco de cultura. O Teleclub de Pígara era dos primeiros en actividades, conseguir un local propio, ser noticia nos xornais… e todo era obra dun cura de aldea, sorrinte, con aspecto tímido, traballador, con ansia de progreso, con querencia pola xente e polo seu futuro.

Hoxe os teleclubs son historia, arredados pola explosión informativa e os novos xeitos de comunicar. Pero esta inmersión informativa e cultural non podería entenderse sin aqueles Teleclubs que nos impulsaron a un mundo descoñecido, grazas ao traballo de xente ilusionada, que ansiaba progreso e cultura; visionarios dun tempo no que nos íbamos mergullar.

Un destes visionarios, destacado, meritorio, entusiasta, foi Jesús Vázquez Paz, o cura/monitor do TC de Pígara. Falo no nome dos que o coñecimos naquel tempo; dos que vivimos aquel tempo especial, dos que traballamos nos teleclubs, dos poucos que quedamos daquel tempo, por considerar de xustiza lembralo hoxe aquí, xa que este crego nado no  Buriz foi un grande da cultura en Lugo en tempos que había que loitar(foi un loitador) por sair da escuridade; por iluminar coa fe e a cultura a esta terra.

Palabras no funeral por Jesús Vázquez Paz, no Buriz (Guitiriz), o 12 de agosto de 2026.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.