“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

15 Setembro 2026

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a contemplaran, e mais ao anuncio de Xesús a Nicodemo sobre a súa elevación na cruz para vida eterna de cantos cren nel.

Pouco despois deille unha ollada ao xornal, para ver quen morrera no noso entorno. Facíase referencia soamente a unha persoa moi coñecida, que eu vira en diversas ocasións na Catedral. Sentín no fondo do meu corazón unha certa angustia, nesta Festa da Santa Cruz, ao ver que naquela necrolóxica non se lle poñía a cruz, e non se mencionaba de ningún xeito a Cristo, o único salvador do ser humano.

Non puiden menos que pararme a pensar na xente que despide aos defuntos un día despois da súa morte e que se limitan a condoerse, comentando o boa que era aquela persoa. Eu, pensando a miúdo sobre esas despedidas, énchome de tristeza, e penso nas discriminacións que facemos. Cando un de nos chega ao final do camiño, levará un historial dos seus feitos ao longo da vida terrea, para llo presentar a Deus, o único que lle pode ofrecer a felicidade eterna, ou mesmo pedirlle contas polo mal que actuou nesta vida. Certo que tamén nós temos algo que aportarlle ao finado. A conversa cos familiares e coñecidos non lle favorece en nada a el, aínda que tampouco lle faga desmerecer o que teña feito. ¿Pero que facemos por el, coas nosas conversas? ¿algo que lle poida valer no seu futuro…? Certo que non.

No peor dos casos -se é que ao longo da vida estivo o finado lonxe de calquera encontro con Cristo-, e non se reconciliou con el antes de morrer, polo menos que a xente achegada ao morto se una para lle pedir ao Deus misericordioso e fiel que lle perdoe as súas débedas e lle conceda a paz que só El pode dar. A celebración cristiá é a única verdadeiramente “civil”, pois é a actitude de súplica a Deus a favor de todos os finados, que só en Deus poden acadar a súa salvación eterna.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.