Mércores 17, xornada con máis sol e temperaturas en ascenso

16 Setembro 2025

Galicia afronta este martes unha nova xornada marcada polo dominio das altas presións, o que traerá tempo estable en practicamente todo o territorio.

Durante as primeiras horas do día rexistraranse néboas nas comarcas do interior e nubes baixas no litoral noroeste. Con todo, estas formacións iranse disipando a medida que avance a mañá, deixando paso a ceos moi despexados en conxunto.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto nas máximas como nas mínimas, o que contribuirá a unha sensación máis agradable( 26-30 graos). Pola súa parte, os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, sen provocar incidencia destacable.

meteogalicia

O noso mar:Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.