Belén do Campo reivindica o Outono Gastronómico Turismo Rural 2025 dende a Casa do Zuleiro e a Casa de Perfeuto María, en Outes

16 Setembro 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou este martes 16 de setembro as Casas rurais do Zuleiro e de Perfeuto María, establecementos participantes no programa Outono Gastronómico en Turismo Rural 2025, do que se poden beneficiar os viaxeiros desde o 19 de setembro ao 21 de decembro. A representante do Goberno autonómico agradeceu aos seus responsábeis a súa colaboración con esta proposta turística da Xunta que busca impulsar o turismo rural fóra de temporada. A Casa Perfeuto María oferta tamén Outono Plus e está adherida ao Bono turístico.

No Outono Gastronómico participan 78 casas rurais das catro provincias, das cales 21 están localizadas na provincia da Coruña, e na comarca do Barbanza a maiores destas dúas casas en Outes tamén participa a Xanela da Lúa de Carnota. Estes establecementos ofrecen paquetes gastronómicos especiais, paquetes de estadías e actividades paralelas como paseos a cabalo, descenso en canoa ou sendeirismo, entre outras.

En relación a esta edición de 2025 do Outono Gastronómico, Belén do Campo destacou que dos 78 establecementos de turismo rural, 21 ofertan a actividade Outono Plus, con propostas que van desde paseos a cabalo, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais, e outras.

Salientou a variedade de propostas que poden elixir as persoas que queiran gozar desta experiencia desde o menú  Outono gastronómico cun custe de 37,50€/persoa, que inclúe produtos de calidade de Galicia moitos deles con denominación de orixe ou con indicación xeográfica protexida; ou as que inclúen estadías na casa rural e oferta gastronómica como paquete Outono gastronómico por, 105€/persoa en cuarto individual e 165€/dúas persoas nun cuarto dobre; a fin de Semana Outono Gastronómico, 165€/persoa nun cuarto individual, e 260€/ dúas persoas en cuarto dobre; e a fin de Semana Familiar Outono Gastronómico, 310€/dous adultos con 1 neno ou nena nun cuarto dobre con cama supletoria, e 360€/dous adultos con dous nenos ou nenas en dous cuartos dobres.

Toda esta información e outra relativa ao Outono Gastronómico en Turismo Rural pódese descargar na web de Turismo de Galicia, onde figuran ademais, todos os establecementos participantes e os menús exclusivos de cada un.

Bono Turístico

Durante a estadía en Outes a delegada tamén lembrou que está aberto o prazo para que os usuarios poidan desfrutar o bono turístico, ata o 25 de decembro, impulsado pola Xunta nos case 500 establecementos adheridos ata o momento. En total, descargáronse 16.666 bonos que “supoñen unha inxección ao sector de 2,5M€ dos cales Turismo de Galicia financia 1M€, unha iniciativa exitosa aberta o 18 de xullo xa que se esgotaron en tres días”., explicou, engadindo que cada persoa puido acceder a un máximo de dous bonos, cada un dun importe de 150€, co-financiados nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polas persoas solicitantes.

Na actualidade están adheridos 495 establecementos das catro provincias: 194 na Coruña, 91 en Lugo, 63 en Ourense e 147 en Pontevedra. Concretamente na comarca do Barbanza están adheridos preto de 40 negocios. O prazo para que os establecementos continúen sumándose a este produto remata o 1 de decembro deste ano. Poden apuntarse aqueles establecementos da comunidade autónoma e axencias de viaxes que teñan un centro de traballo en Galicia e desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado á comunidade.

A Xunta fomenta con esta iniciativa que xurdiu en 2020, a desestacionalización e desconcentración do destino Galicia, fomentando a visita en épocas fora da tempada alta. Desde que se puxo en marcha este programa son activáronse máis de 63.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 16,5M€ no sector turístico galego. Deles, 2,5 M€ foron só en 2024 cando tamén participaron máis de 400 establecementos de toda Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.