O Concello de Muros realizou traballos de mantemento, limpeza e acondicionamento nos tres colexios durante o verán

16 Setembro 2025

O Concello de Muros realizou durante os meses de verán diferentes traballos de mantemento e acondicionamento dos tres centros de Educación Infantil e Primaria.

“O ensino público é unha prioridade para o Goberno local, por iso atendemos dentro das nosas competencias as demandas da comunidade educativa e as familias para mellorar o estado dos centros”, comentou a alcaldesa de Muros, María Lago.

Pola súa banda, a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, sinalou que “a Brigada de Obras municipal encárgase de facer os traballos que consensuamos coas direccións dos colexios, en función tamén dos investimentos e as actuacións levadas a cabo en cada un deles en anos anteriores”.

Lembraron tamén que os concellos teñen as competencias de mantemento dos centros, pero son de competencia da Xunta de Galicia as obras de carácter estrutural.

“Apoiamos as demandas dos centros no que respecta ás súas necesidades de melloras estruturais: o CEIP Ricardo Tobío celebrou o ano pasado o seu 50 aniversario e precisa dun cambio de cuberta e da substitución das fiestras, mentres que o CEIP de Louro tamén demanda o cambio das fiestras”, lembraron Lago e Rivadeneira.

No CEIP de Louro, realizáronse este verán entre outras tarefas o pintado da pista polideportiva e os patios interiores; o acondicionamento das zonas axardinadas; arranxo de persianas e do teito; pintura e acondicionamento dunha aula nova, e a limpeza xeral do exterior do centro con maquinaria e auga a presión.

No CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, pintouse o salón de actos, as aulas e o exterior do centro; vernizáronse as tarimas de Infantil; arranxos de persianas e billas de auga; tarefas de limpeza dos patios interiores; posta a punto da pasarela de acceso para permitir a accesibilidade, e realizáronse traballos de poda de árbores e zonas verdes.

No CEIP Ramón de Artaza, colocouse unha nova tarima na aula de tecnoloxía; levouse a cabo unha limpeza interior do centro; tarefas de acondicionamento das zonas verdes e dos patios utilizados polo alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.